Catro das sete cidades rematan o ano co orzamento de 2018 aprobado ou a piques de facelo
A Coruña aproba as contas e é a terceira urbe en darlles luz verde tras Vigo e Pontevedra, á espera de Santiago, que prevé telas en semanas. Lugo está pendente da cuestión de confianza, fórmula que medita o goberno ferrolán. Ourense, que ten o presuposto prorrogado desde 2014, presentará axiña un borrador