Política
Concellos de Galicia e Portugal piden a Madrid e Lisboa un novo tratado de cooperación que prime á cidadanía
DOCUMENTO | As entidades transfronteirizas da Península, coordinadas desde o Eixo Atlántico, entregan a súa proposta aos gobernos de España e Portugal
A CIG ve “un despropósito” o arquivo do caso dos helicópteros da Xunta malia a súa ilegalidade
O sindicato lembra que a Xunta non só entregou sen contrato a Inaer o servizo aéreo de 2012 senón que tamén lle encargou como novidade a xestión das brigadas, co que critica o argumento do xuíz de que a empresa xa realizaba o mesmo traballo
Vítimas de Angrois evidencian que Adif sabía que tiña que revisar mellor a curva e non o fixo
Piden que a empresa pública demostre que contou cos documentos de seguridade necesarios para autorizar a entrada en servizo do AVE Ourense-Santiago
Feijóo carga contra o sistema parlamentario vixente porque "é igual gañar que perder"
O presidente da Xunta volve reclamar unha reforma electoral que remate co actual modelo de elección parlamentaria da presidencia dos gobernos. Durante unha visita a Madrid reclama "máis presenza do Estado nas comunidades autónomas"
Concello de Vigo e Xunta volven enredarse nunha discusión sobre se a auga do barrio de Canido é potable
Sanidade afirma que dúas análises amosan niveis de trihalometanos por riba do máximo recomendado pola lei e declara a auga como "non apta para o consumo". O Goberno local responde que as súas análises dan medicións por debaixo do límite e acusa o Goberno galego de estar "instalada na política da mentira e da calumnia contra a cidade".
O Goberno de Rajoy teima en que as "tramas organizadas" son unha "posible explicación" aos incendios en Galicia
O Executivo do PP nega que a reiterada defensa da tese terrorista "alarmase" a poboación durante a vaga de lume do pasado outubro. Faino en resposta a unha pregunta de En Marea, que reclamaba saber se existen "probas" do suposto "terrorismo incendiario"
Adif fai oficial a súa renuncia a privatizar a seguridade do AVE Galicia-Madrid
O anterior equipo da empresa pública xa prevía en 2013 anular unha decisión do último goberno socialista pero desligábao do accidente de Angrois e atribuíao á falta de empresas interesadas
Adif desmonta a estratexia de Xunta e PP de culpar a oposición dun novo atraso do AVE
A empresa pública dependente de Fomento emenda aos populares e di que as obras en marcha na liña á Meseta non dependen da aprobación dos orzamentos do Estado. En Marea, PSdeG e BNG lamentan que os conservadores se instalen na "escusa"
Feijóo, ausente na arenga de Rajoy para "rearmar" o PP
Volve o cadro de expectativas para o titular da Xunta en clave estatal, o mesmo que ficou escachado en 2013 pola publicación das fotos con Dorado
O xuíz ve ilegal a xestión dos helicópteros contra incendios da Xunta pero arquiva o caso porque non houbo “capricho”
O máximo responsable forestal nas dúas últimas décadas, Tomás Fernández-Couto, encargou o servizo en 2012 a Inaer “sen contrato” pero o instrutor di que a excepcionalidade dos incendios daquel ano impide o delito de prevaricación que vía a Fiscalía
A Xunta reduce o peso do traballo científico e da lingua galega na adxudicación de farmacias
A experiencia profesional duplica o seu valor no baremo do decreto de farmacias que tramita o Goberno galego, as publicacións científicas pasan de 10 a 4 puntos e o coñecemento do galego, de 10 a 5