Política
A Garda Civil detén un edil e outras dúas persoas en Cangas por "incitar ao odio" en internet
O Instituto Armado atribúe as detencións á "gravidade dos contidos vertidos" en Facebook e Twitter e enmárcaas na denominada "Operación Tarántula".
O Parlamento galego rexeita nove de cada dez investigacións que se solicitan
Nas últimas dúas décadas solicitáronse na Cámara unhas 60 comisións de investigación, das que unha pequena parte foron aprobadas. O Prestige, a Cidade da Cultura ou as caixas de aforro foron algúns dos asuntos investigados e o accidente de Angrois destaca entre os vetados.
Feijóo dá por pechada a lexislatura rifando á oposición polo seu traballo en catro anos
O presidente salienta as súas propias “humildade”, “coñecemento”, “principios éticos” e “dignidade” e di que hoxe en Galicia "hai máis oportunidades a pesar da oposición e co pesar da oposición”.
As vítimas de violencia machista poderán solicitar as axudas da Xunta durante todo o ano
O Parlamento aproba, con modificacións, a proposta do BNG que elimina a restrición temporal para as solicitudes do "salario da liberdade".
Precisamos o Partido Nacional
Xoán Antón Pérez-Lema
A xustiza e Bruxelas obrigan a PP e PSOE a mudar o seu discurso sobre Angrois
Logo de tres anos rexeitando máis responsabilidades que a do maquinista, a reapertura da instrución xudicial e a crítica da UE á investigación de Fomento fan que populares e socialistas se abran a unha nova análise técnica do sinistro, pero rexeitando calquera responsabilidade política.
Punto final á lexislatura con máis leis da historia da autonomía
Este martes comeza o que, previsiblemente, será o derradeiro pleno da novena lexislatura autonómica. Nestes catro anos o Goberno impulsou moitas das leis que anunciara, renunciou a algunhas polémicas como a reforma electoral e evitou aprobar outras abertamente prometidas, como a de publicidade institucional.
A Xunta tarda oito anos en facer unha autovía de 27 quilómetros
Ideada tras o afundimento do Prestige en 2002, este mes entra en servizo a Autovía da Costa da Morte, que comezou a construírse a finais de 2008. Logo de licitarse tres veces, dunha polémica por sobrecusto e do cese dunha alto cargo do goberno galego, a súa execución requiriu 200 millóns pero a Xunta pagará 630 millóns ata 2038 á concesionaria que a construíu e a manterá, á que lle perdoou 15 dos 42 quilómetros previstos inicialmente.
Santos aborda a crise de Podemos Galicia con tres destitucións e o inicio da consulta ás bases
A dirección de Podemos Galicia convoca encontros provinciais como paso previo á consulta sobre a fórmula de concorrencia e antes xuntarase con Anova e Esquerda Unida. Mareas en Común insta os partidos e os alcaldes a fixaren xa unha xuntanza para activar a "asemblea constituínte".
“Non era un tren de alta velocidade”, teima a comisión de Fomento que investigou Angrois
A CIAF insistiu no argumento empregado polo Goberno para defender a industria española do AVE e tentou corrixir o informe da UE, que a ignorou e mantivo esa denominación. Na causa xudicial os peritos non cualificaron o tren pero constataron que a liña si era de “alta velocidade”.
Soberanía, saúde e cousas de comer. Exemplo práctico
Noa Presas