Axudas da Xunta á patronal mineira serviron para pagar restaurantes e subscricións a xornais
O Consello de Contas detecta que subvencións para entidades mineiras "sen ánimo de lucro" acabaron financiando actividades vetadas pola lei de subvencións. A Xunta defende a súa actuación pero asegura que comprobará se existiron irregularidades.