Beiras aplaude o manifesto dos alcaldes porque "aposta pola unidade popular"
O líder de Anova cre que a posición de Ferreiro, Noriega e Suárez supón que as mareas municipais serán "protagonistas" na confluencia para as galegas. A secretaria xeral de Podemos-Galicia subliña que a consulta entre a súa militancia é "ineludible".