Política
"Foi unha inxenuidade confiar en que se poden compartir áreas entre dúas forzas"
ENTREVISTA Falamos con Jorge Suárez, alcalde de Ferrol do seu primeiro ano de mandato, doce meses marcados polas desavizas crecentes co PSdeG-PSOE e pola loita por reconducir a xestión da auga e o saneamento e outros contratos concedidos polo Goberno do PP.
Feijóo advirte de que as eleccións galegas poden non cadrar coas vascas
O presidente asegura que serán en outono pero que non falou co lehendakari Urkullu. “O único que sabe quen vai ser o candidato das mareas de Podemos en Galicia é Pablo Iglesias”, di sobre os seus contrincantes.
Lara Méndez: "Galicia precisa un cambio e negarse a acordos é negar a evidencia"
ENTREVISTA Lara Méndez fai un ano á fronte da Alcaldía de Lugo e admite que a fragmentada corporación lucense obriga a consensos "constantes" que, di en plena análise das eleccións xerais, ben poderían ser modelo para Galicia a partir do vindeiro outono.
Amargo café postelectoral
José Luis Sucasas
Dixerir a decepción para seguir empurrando
Xabier Sánchez Lombardero
O Sergas celebra o aniversario do novo hospital de Vigo, unha “catástrofe” para Caballero
O conselleiro de Sanidade asegura que a área viguesa ten agora mellor atención sanitaria que hai un ano, pero admite que o Álvaro Cunqueiro non estará a pleno funcionamento ata dentro doutro ano.
Que pasou o 26X? Así foi a cousa concello a concello
O PP creceu de forma uniforme en toda Galicia, algo máis en Bergantiños e Deza e algo menos en Vigo e O Baixo Miño. O PSdeG-PSOE medra nas cidades, ao contrario que En Marea, que experimenta nas sete urbes e as súas areas metropolitanas os maiores descensos. Mapas no interior
Feijóo ve “indigna” a denuncia polas mortes da hepatite e aos médicos que a formulan
AGE lémbralle ao presidente que é a Fiscalía a que relaciona as demoras nos tratamentos con motivos económicos e que "a Xunta é a única administración do Estado encausada por este asunto".
En Fandicosta o 112 deu instrucións aos bombeiros durante dúas horas sen coñecer a gravidade do lume
O PP négase a investigar a descoordinación das emerxencias como pide toda a oposición malia que a transcrición das chamadas, á que tivo acceso Praza Pública, déixana patente. “Parece que os bombeiros do Porriño toman decisións en seguridade vial, bueno o que faltaba xa [...] Esto é un caos”, quéixase un Garda Civil de Tráfico.
A esquerda nerviosa do noso tempo
Xosé Cid Cabido
As forzas galegas apuran a dixestión do 26X para afrontar o novo reto electoral en dous meses
Feijóo convocará as eleccións, con toda probabilidade, entre o 22 e o 29 de agosto baseándose nun relato segundo o cal volver estar máis próximo á maioría absoluta tras finiquitar as mareas.