Política
Feijóo reivindica con Baltar un PP “obreiro da política” fronte aos “mesías” do “tripartito”
O presidente galego comparte mitin co barón ourensán e mais co titular da Junta de Castilla y León no Barco, e defende a autovía A-76 que atentaría contra a Ribeira Sacra
Debate ás présas na TVG para formular a alternativa ao PP
A TVG organiza un debate electoral a media tarde no que as forzas da esquerda procuraron combinar críticas e propostas mentres o represante do PP, máis relaxado, defendeu a Rajoy baseándose en grandes cifras estatais. Vídeo no interior.
O día que os líderes galegos debateron na TVG por unhas eleccións xerais
O 27 de febreiro de 2008 Touriño, Quintana e Feijóo debateron nun encontro que a canle pública publicitou como un gran acontecemento e que se celebrou entre acusacións de "censura" por parte do PP. A TVG programou o seu debate previo ao 20-D para este mércores pola tarde. Vídeo no interior
NÓS preséntase como "única garantía" de "compromiso de esquerda con Galiza presente"
ENTREVISTAS ELECTORAIS A candidatura impulsada polo BNG e outras forzas soberanistas lánzase ao 20-D afirmando que é a única vía para que Galicia "estea" no novo contexto político do Estado. Falamos con Carlos Callón, Carme Adán, Noa Presas e Olalla Rodil.
O PPdeG faille as beiras ao PSOE e insta a votar "por Galicia e por España"
Feijóo coincide con Pedro Sánchez nas críticas aos que "só se sabe que se queren moito a si mesmos" e Miguel Lorenzo di "non entender" os pactos dos socialistas e pide "non deixar que se estenda ao conxunto do Estado o que está pasando na Coruña", en referencia ao goberno da Marea.
"Os cambios que se van producindo teñen no Congreso o seu punto de partida principal"
ENTREVISTA Antón Louro, deputado do PSdeG-PSOE entre 2004 e 2009, salienta a importancia do traballo parlamentario e anticipa as tarefas principais que a cámara resultante das eleccións do 20D terá que enfrontar na vindeira lexislatura: "Hai que facer unha reflexión profunda da España que queremos para o século XXI"
Besteiro arroupa a Sánchez cargando contra "os emerxentes de Rajoy"
O líder do PSdeG censura a "rebeldía permanente" de Podemos e o "maltrato" de Ciudadanos a Galicia no mitin máis multitudinario do PSOE no que vai de campaña. Os socialistas galegos reivindican a vitoria do seu líder no debate.
Unha trintena de candidaturas municipais amosan o seu apoio a En Marea
Os movementos municipalistas engaden reclaman unha "primavera longa" e ratifican o seu "compromiso" cun "proceso de cambio" que debe "culminar desaloxando o PP da Xunta".
A Xunta contrata un cento de valos publicitarios ao mes para o ano electoral de 2016
O Goberno galego destina 300.000 euros para difundir a súa actividade a través de espazos publicitarios nas rúas durante o vindeiro ano. As empresas interesadas terán máis posibilidades de obter o contrato se ofrecen máis soportes nas rúas da Coruña e Vigo.
A campaña das xerais anubra o ceo do PP para as eleccións galegas
A entrada dun cuarto partido nas provincias atlánticas e dun terceiro no interior que prognostica o inquérito augura unha importante caída do PP que podería abrir o debate da sucesión de Feijóo tras o 20-D ante a posibilidade de perder a Xunta.
Vídeos | O voto hipster, de NÓS ou do PP?
Os populares lanzan un vídeo reivindicando que, como "partido máis votado", tamén teñen hipsters no seu electorado. Hai poucos días, a candidatura na que se integra o BNG amosaba que locer longas barbas hai décadas que resulta "moderno".