Política
Carteiros rurais de Ourense denuncian "presións de caciques" na recollida do voto por correo
Persoal de Correos representado pola CIG asegura que a instrución interna que permite a recollida do sufraxio postal "en marcha", nos propios domicilios, abre a porta a irregularidades, "acosos" e votos de persoas "incapacitadas".
Fomento prevé abrir un novo treito do AVE galego dous días antes das eleccións
Renfe avanzoulles a data aos maquinistas que ultiman a súa formación na nova liña. A posta en servizo do treito Olmedo-Zamora producirase xusto catro anos despois de que, co Goberno en funcións, o socialista José Blanco inaugurase o anterior, Ourense-Santiago, no que ocorreu o accidente de Angrois
Beiras, Colau e Oltra defenderán con Iglesias un cambio constitucional este domingo
O 6 de decembro, coincidindo co aniversario da Constitución, Podemos organizará cinco actos simultáneos en todo o Estado para presentar os cinco grandes cambios que propón para o texto. O líder de Anova defenderá dende a Praza do Toural de Compostela o dereito a decidir.
41,6%
Marcos Pérez Pena
En campaña: Manual de instrucións para o 20-D en Galicia
Dende as cero horas deste 4 de decembro estamos en campaña electoral. En Galicia están en xogo 23 escanos no Congreso que elixirá o futuro presidente ou presidenta do Goberno de España. Velaquí unha guía para seguir a carreira electoral.
Vídeos | NÓS declama o seu "estar ou non estar" ante unha cachucha
Os cabezas de lista de NÓS-Candidatura Galega pechan a súa serie de vídeos con monólogos nos que "reivindican solucións propias, sen ataduras, para as cuestións que máis interesan ao país".
A Xunta entra en campaña publicitando o cheque bebé
O Goberno galego emprega o Consello da Xunta, no que non aprobou ningunha medida ao respecto, para publicitar a denominada Tarxeta Familiar, que entrará en vigor o 1 de xaneiro.
Marisol Piñeiro abandona o Parlamento tralo seu procesamento polo TSXG
Está acusada, xunto co ex rexedor de Carnota, José Domingo Oreiro, dun presunto delito de prevaricación pola contratación fraudulenta dunha traballadora no Concello cando ocupaba a Tenencia de Alcaldía
O CIS prevé que o PPdeG perda 5 escanos e a entrada no Congreso de En Marea e Ciudadanos
O estudo preelectoral do CIS augura que o PP sería a forza máis votada co 28% de apoios, uns 16 puntos menos. En Marea emerxería con ata 6 escanos e Ciudadanos tería representación pola Coruña e Pontevedra.
As cinco cifras que levan a Pontevedra ao Cumio do Clima en París
O alcalde de Pontevedra asinará en París a integración da cidade na Alianza contra o Cambio Climático no marco do cumio que se está a celebrar na capital francesa. Estes son os indicadores que lle permiten acceder a ela.
Por que a mocidade galega pesa pouco nos cálculos electorais dos partidos, en tres gráficos
O 20-D 82.500 persoas poden votar por primeira vez en Galicia nunhas xerais, no 2000 incorporáronse case o duplo por cumprir 18 anos. A comezos de século as persoas de 18 a 34 eran o grupo de electorado máis numeroso en Galicia e agora son o menor.