Detido o alcalde de Dozón, do PP, pola fraude dos cursos de formación
O alcalde de Dozón, Adolfo Campos, foi detido xunto a un dos seus fillos e dúas persoas máis no marco da operación 'Qatedra' pola que xa detiveran o ex rexedor de Santa Comba. Todos foron postos xa en liberdade pero terán que acudir ao xulgado cando sexan requiridos.