Política
Medio Rural alimenta o incendio do leite: "Póñenme unha pistola no peito"
Rosa Quintana reúnese con gandeiros de Curtis en calidade de membro do PP e acusa as organizacións agrarias de "mentirlle á xente" ao esixiren o establecemento de prezos mínimos para o leite.
Multiplícanse os contactos á procura dunha candidatura galega para as xerais
Formacións como Anova, BNG, Podemos, EU ou CxG manteñen múltiplas reunións mentres se preparan as xuntanzas organizadas para a fin de semana dende o Encontro Cidadán por unha Marea Galega e Pola Unidade.
Silencios sobre o bipartito
Xesús Veiga
O Concello de Santiago retira as axudas a grupos antiabortistas
O novo goberno "desbloquea" os convenios con entidades sociais cuxa tramitación estaba "paralizada" e decide non asinar os que ían implicar financiamento municipal para a Red Madre e a asociación Centinelas.
Cando Feijóo alertaba de que Galicia sería "autonomía de segunda" no sector lácteo
No ano 2006 Feijóo responsabilizaba con dureza á Xunta da situación do sector leiteiro e aseguraba que só as medidas do PP permitirían que o país non acabase "en rexional preferente".
O Estado fía á boa vontade da industria o futuro do sector lácteo galego
O Ministerio admite que existen explotacións galegas que venden por baixo do custo pero reitera que fixar prezos mínimos é ilegal e insta as autonomías con prezos máis baixos a "protexer" máis o sector.
Errejón: "O de Galicia está en marcha"
Continúan as conversas a múltiples niveis cara á eventual conformación dunha candidatura unitaria galega para as xerais. O BNG declárase "aberto a sumar" e Anova chama a continuar a "acumulación de forzas" das mareas.
A factura do 'bosque' do Gaiás segue a subir e xa supera o medio millón
Seaga tramita dende comezos de agosto o contrato da iluminación do 'bosque', no que a Xunta gastará algo máis de 270.000 euros que se suman aos 300.000 da plantación. Feijóo presentou o proxecto como "o bosque máis importante da Autoestrada do Atlántico"
Correios. Os perigos da privatização
Adela Figueroa
O PP, á dereita dos padres
Os populares teiman en cargar contra o goberno de Santiago por non acudir a actos relixiosos e estenden a batalla á Deputación de Pontevedra, cuxa presidenta non asistiu á procesión da Peregrina. Mentres, a Igrexa réstalle importancia e advirte de que non se suma ás críticas "dos partidos".
Precisaremos boa fe, franqueza e humildade
Suso de Toro