2,7 millóns de galegos terán un alcalde ao que non elixiron nas urnas
O alcalde ou alcaldesa ten que estar avalado pola maioría absoluta do pleno; en caso contrario, será designada a persoa que encabezase a lista máis votada
O alcalde ou alcaldesa ten que estar avalado pola maioría absoluta do pleno; en caso contrario, será designada a persoa que encabezase a lista máis votada
PP e PSOE discuten sobre quen toma a iniciativa de suprimir o voto rogado que ambos pactaron hai catro anos. Os dous partidos din "admitir o erro" e Fernández Díaz chega a asegurar que "toda a Cámara se equivocou" co novo sistema. O BNG critica o "cambio de criterio" das dúas formacións.
O presidente da Xunta culpa o PSdeG de que na Coruña, Santiago e Ferrol vaian gobernar "partidos que están de acordo co réxime de Venezuela" e Romeu recoméndalle que "deixe de facer o ridículo" e "comece a gobernar".
O presidente da Xunta aférrase ao dato puntual do PIB alemán para defender a súa xestión económica. "Os galegos sabemos ler e escribir", dille ao BNG.
Os futuros alcaldes da Coruña e Compostela non acudirán ao acto católico deste domingo en Lugo que reúne os alcaldes das sete antigas capitais de provincia galegas para cumprir coa "defensa do laicismo" e o "principio de neuralidade relixiosa" que incluían no programa das súas formacións.
As eleccións do pasado 24M abriron un escenario inédito nalgúns concellos. Os chamados partidos de confluencia, xunto con agrupacións independentes e plataformas veciñais, modificaron a paisaxe electoral de Galicia e dalgunhas cidades do Estado. Cambiou o país ou só determinadas zonas? Esta é a Galicia municipal dos próximos catro anos.
Tras anos de duras críticas aos pactos para conformar maiorías alleas á forza máis votada os populares ofrecen pactos a diversas forzas en varios concellos para evitar gobernos do PSdeG, do BNG ou de plataformas locais.