Política
Vence advirte do "medo a perder poder" do PP que o leva a mudar o criterio sobre os pactos
O voceiro nacional do BNG ironiza sobre a suposta "estabilidade" das maiorías absolutas dos populares, "as mesmas que durante catro anos encheron Santiago de corrupción e paralizaron a cidade". Ademais, reivindica o BNG como un partido que "está na rúa e non nos platós de televisión"
O naval ferrolán irrompe en campaña farto de promesas incumpridas
Alcaldes da comarca, Besteiro (PSdeG), Yolanda Díaz (AGE), Carme Adán (BNG) e varios alcaldes de concellos da comarca coinciden nunha marcha que volve reclamar carga de traballo e se celebra na campaña para esixir que o sector sexa "eixo fundamental dos programas".
O PP acumula xa varias denuncias por presunta manipulación do voto por correo
Tras o expediente aberto a dúas candidatas de Amoeiro, a Xunta Electoral terá que resolver sobre demandas semellanes en Sandiás ou Vilardevós. O PSOE alerta en Xinzo do sospeitoso aumento de solicitudes de voto por correo.
Beiras confía no efecto "bóla de neve" das mareas e de Compostela Aberta
O líder de Anova apoia a Martiño Noriega no primeiro dos debates que organiza a plataforma cidadá e insiste en que a confluencia electoral en candidaturas é "o futuro" e agarda que a fórmula se estenda para futuros procesos electorais.
Feijóo volve pór en dúbida a lei electoral tras cargar contra as mareas e o nacionalismo
O presidente da Xunta pide evitar "que goberne Podemos ou como 'coño' se chame en cada sitio" ao tempo que advirte dos "nacionalistas que se agochan detrás das mareas". "Son o mesmo", di tras lamentar que a normativa permita que os concelleiros elixan o alcalde.
O PP, expedientado por "manipular" o voto e "presionar" anciáns impedidos en Amoeiro
A Xunta Electoral abre expediente sancionador contra dúas candidatas populares por "intento de manipulación do voto" nunha residencia de anciáns e por "presións" a outro vello con asistencia domiciliaria tras os vídeos que achegou o candidato e alcalde socialista.
A Xunta Electoral apercibe a Hernández por "electoralismo" na web do Concello de Santiago
A autoridade electoral atende unha denuncia de Compostela Aberta ao considerar que o goberno local difundiu unha nova na súa web "con connotacións electoralistas"
Feijóo comeza a campaña das municipais de 2007
Nas súas primeiras municipais Feijóo pedía o aval para os seus candidatos fronte á "suma de dous partidos perdedores" e dun Zapatero "gafe e presidente por accidente". Neste 2015 comeza a campaña alertando de que non votarlle ao PP suporá "repetir cada día a política de Zapatero"
O PP financiou ilegalmente a primeira campaña de Fraga en Galicia
O Partido Popular achegou cando menos 500 millóns de pesetas desde Madrid ao PPdeG para os actos de 1989, ano da primeira vitoria de Fraga no país, segundo os papeis de Naseiro. Gastou o dobre do límite imposto polo Estado, de 235 millóns, e o partido declarou que só investira 199.
Galicia pon rumbo cara aos novos concellos
Dende as cero horas do venres as forzas políticas xa piden o voto no inicio dunha campaña no que a crise, a corrupción e a emerxencia de novas formacións son o pano de fondo. Galería de imaxes do inicio da campaña no interior.
Así comeza a campaña municipal galega
As forzas políticas abren esta medianoite a campaña das eleccións municipais. Mapa no interior dos primeiros actos da carreira electoral.