As vítimas de Angrois piden unha nova análise técnica e a dimisión dos investigadores actuais
A análise realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) de Fomento non foi independente nin pescudou todas as posibles causas do sinistro máis alá do maquinista. A investigación técnica é unha das tres patas das súas reclamacións, xunto coa xudicial e a política.