Angrois: traxedia en Compostela
A Xunta autorizou 1.300 peritaxes externas desde que impuxo funcionarios sen experiencia para as de Angrois
Os dous enxeñeiros autonómicos que o Goberno galego lle facilitou ao xuíz veñen sendo moi criticados polas vítimas por asumir as premisas de Adif e Renfe. No mesmo tempo, entre 2013 e 2016, a Xunta encargou 965 peritaxes a técnicos autonómicos, catrocentas menos que a independentes.
As vítimas de Angrois advirten a Feijóo de que o PP apoiou a investigación en 39 concellos
Responden nunha carta ao presidente da Xunta, logo de que este gabase a "coherencia" do seu partido por volver vetar a creación dunha comisión no Congreso. "Se fose un verdadeiro demócrata, impulsaríaa", repróchanlle
O PPdeG fica só no veto a investigar o accidente de Angrois e Feijóo gábase da súa "coherencia"
O presidente da Xunta atribúe a un "axuste de contas" interno o apoio do PSdeG por primeira vez a abrir no Congreso unha comisión sobre o sinistro e acusa o conxunto da esquerda de "aproveitar a dor das vítimas". José Blanco declárase disposto a comparecer se a investigación é aprobada
O PSdeG únese a En Marea e BNG para pedir que o Congreso investigue o accidente de Angrois
Os socialistas votarán por primeira vez a favor dunha investigación parlamentaria na Cámara Baixa sobre o sinistro ferroviario, pero o PP xa anunciou que volverá vetala e votará 'non'
O fiscal do caso Angrois déixao tras varios anos sen querer investigar máis que o maquinista
Antonio Roma é elixido para un posto de coordinación con América Latina e deixa a instrución, que acumula máis de 30.000 páxinas, en mans dun “equipo de fiscais baixo a dirección do fiscal xefe”. As vítimas critican que actuou como avogado defensor do Estado máis que como fiscal.
O Congreso volverá debater a apertura dunha investigación sobre Angrois
En Marea rexistra xunto á Plataforma Víctimas Alvia 04155 unha nova solicitude de comisión de investigación sobre o sinistro no que faleceron 80 persoas. "A única explicación á reiterada negativa á investigación é que teñen moito medo, moito que ocultar", din
A Audiencia da Coruña reitera que a investigación oficial sobre Angrois non foi independente
O tribunal rexeita eliminar o informe da CIAF da instrución, pero resalta que será "avaliado tendo en conta, entre outros factores", que non é unha investigación independente
O directivo de Adif investigado por homicidio e lesións en Angrois négase outra vez a declarar
VÍDEO NO INTERIOR | O ex-xefe de Seguridade ao que o xuíz fai responsable de non evitar o accidente agardará a que a Audiencia resolva o recurso que presentou contra a súa imputación, a terceira que recibe
A UE volve desmentir a Adif e certifica que incumpriu a súa obriga de analizar o risco de Angrois
A Axencia Ferroviaria Europea desmonta a argumentación de que a normativa non o esixía, como defende a empresa pública, cuxo ex-director de seguridade está citado no xulgado como imputado este martes
Adif recorre a imputación do seu ex-xefe de seguridade no caso de Angrois
O ente ferroviario entende que a normativa europea que esixiría unha avaliación de riscos diferente "non era aplicable no momento do accidente" e que tampouco "existe consenso" entre os expertos sobre se o era ou non.
O ex-director de Adif imputado por Angrois responsabiliza a outros departamentos de Fomento
O avogado de Andrés Cortabitarte recorre a súa citación e argumenta que a responsabilidade de avaliar a liña e autorizar a súa apertura era da consultora pública Ineco e da Dirección de Ferrocarrís do ministerio, respectivamente