O perito independente de Angrois conclúe que Adif incumpriu a obriga de analizar o risco da liña
Bota "especialmente de menos" que a avaliación fose sobre o sistema "completo". A Audiencia da Coruña pediu que se aclarase a cuestión ao reabrir o caso o pasado maio e agora depende do xuíz instrutor valorar ese informe ou outros que eximen de responsabilidade á empresa pública.