Vítimas de Angrois piden máis imputacións tras ratificarse que Adif non analizou o risco da curva
O fiscal estuda agora a posibilidade de chamar a declarar a empresas que participaron no deseño do AVE Santiago-Ourense, que foi validado por Adif.
O fiscal estuda agora a posibilidade de chamar a declarar a empresas que participaron no deseño do AVE Santiago-Ourense, que foi validado por Adif.
Os expertos designados pola aseguradora de Renfe e por outro perito xudicial coinciden en que a xestora do AVE Ourense-Santiago non tivo en conta a posibilidade dun erro humano, que eles estiman máis que previsible.
O presidente da Xunta considera “un erro importante non ter remitido eses informes no momento procesual inicial” pero tamén di que lle “sorprende” que as vítimas critiquen tanto ao xuíz como ao fiscal
Insinúan que cos novos documentos achegados ao xulgado con tres anos de demora a empresa pública xestora das vías tenta desviar a responsabilidade ás construtoras do AVE
A Audiencia de Segovia ratificou o venres os cargos contra Andrés Cortabitarte polo simple feito de ser o “máximo responsable da seguridade viaria” cando en marzo de 2010 morreu un maquinista nun choque de trens. El foi quen autorizou desconectar o control de velocidade na liña Ourense-Santiago, pero neste caso foi desimputado sen sequera interrogalo.
Os 300 folios que a empresa achega ao xulgado con tres anos de demora analizan riscos da liña de AVE no seu conxunto, pero non “a situación de perigo concretamente existente na curva”, como esixiu indagar a Audiencia ao reabrir o caso. Insisten en que o risco por calquera exceso de velocidade quedaba “exportado” ao maquinista. O xulgado adía ao 18 de outubro a declaración de dous peritos prevista para este mércores para que poidan analizar os novos documentos.
A empresa pública entrega agora no xulgado 300 folios que quere que sexan estudados en dous días polos peritos que din que non analizou como debía o risco da curva de Angrois
Os funcionarios, non especializados en trens, están cuestionados polas vítimas do Alvia. O accidente do Porriño reaviva o debate sobre a independencia dos investigadores da Xunta e Fomento.
A xuíza pide ao Goberno galego que lle facilite peritos, pero os únicos dous que este ofreceu en Angrois, non especializados en trens, están cuestionados. Pola súa banda, a UE criticou a investigación do sinistro de Santiago que fixeron os técnicos do ministerio, e malia que agora xa os considera independentes, ofrece que os seus propios expertos axuden.
Vítimas e maquinista de Angrois reclaman cambiar os peritos da Xunta por expertos europeos e o BNG critica que a petición dos afectados ante o Parlamento Europeo se analice tras as autonómicas.
A Audiencia da Coruña rexeitou a súa intención de xulgar só ao maquinista e ordenoulle hai máis de tres meses reabrir a instrución. Faino agora e dá á súa vez tres meses a tres expertos, dous deles funcionarios de dubidoso rigor, para que lle entreguen “un só informe consensuado”.
O ministro de Xustiza, agora responsable tamén de Fomento, era o 'número 2' de Pastor cando ocorreu o sinistro e os afectados acúsano de tentar silencialos. Del depende a Fiscalía, que durante a instrución do caso renunciou a analizar as eivas de seguridade do AVE Ourense-Santiago.