Angrois berra en silencio pedindo xustiza tres anos despois do accidente
Vítimas do sinistro concéntranse na curva na que o 24 de xullo de 2013 o tren Alvia descarrilou deixando 80 mortos e 144 feridos.
Vítimas do sinistro concéntranse na curva na que o 24 de xullo de 2013 o tren Alvia descarrilou deixando 80 mortos e 144 feridos.
O accidente de tren de Angrois cumpre este domingo tres anos sen que as vítimas viran aínda atendida a súa petición de xustiza pero tras dúas recentes vitorias parciais coa reapertura da instrución xudicial e a crítica da UE á investigación de Fomento que culpou só ao maquinista. GRÁFICO INTERACTIVO NO INTERIOR
Os nove estudos técnicos sobre o accidente do Alvia, do que se cumpren agora tres anos, presentáronse no xulgado en febreiro de 2015, pero o instrutor só tivo en conta dous, feitos con eivas por funcionarios da Xunta, para culpar só ao maquinista. Agora a Audiencia da Coruña obrígao a analizar tamén as peritaxes que ven responsabilidade en Adif. DOCUMENTOS, VÍDEO E LIÑA DE TEMPO NO INTERIOR
Os afectados critican o “plantón” logo de serlles ratificado o encontro e limítanse a entregarlles aos presidentes de Adif e Renfe un escrito coa súa reclamación dunha investigación independente do sinistro. O ministerio non quixo dar a súa versión. VÍDEO NO INTERIOR
A Axencia Ferroviaria Europea di ser coñecedora dos “cambio feitos por España este ano para asegurar que o ente nacional de investigación CIAF actúe de xeito independente”, pero salienta que iso “suliña o feito de que no momento da investigación de Angrois” non o era.
A ministra aceptara reunirse cos afectados, que lle piden unha nova investigación, na tarde deste martes. As súas funcións pasan a ser asumidas por Rafael Catalá, titular de Xustiza e un dos responsables da xestión do sinistro como secretario de Infraestruturas.
Cadrando co terceiro aniversario, a plataforma de afectados celebrará o vindeiro sábado en Santiago unha asemblea, o domingo ao mediodía unha concentración no Obradoiro e á tarde, unha homenaxe no lugar do accidente.
A UE criticou que a comisión que estudou o accidente e culpou só ao maquinista non era independente, pero admite que xa foi reformada, e o ministerio argumenta que por iso agora non lle pode dar ordes.
Empregará o informe da Axencia Ferroviaria Europea que di que non se analizou o accidente de xeito independente para, baixo a ameaza dunha sanción, obrigar ao Goberno a realizar unha nova investigación.
Logo de tres anos rexeitando máis responsabilidades que a do maquinista, a reapertura da instrución xudicial e a crítica da UE á investigación de Fomento fan que populares e socialistas se abran a unha nova análise técnica do sinistro, pero rexeitando calquera responsabilidade política.
A CIAF insistiu no argumento empregado polo Goberno para defender a industria española do AVE e tentou corrixir o informe da UE, que a ignorou e mantivo esa denominación. Na causa xudicial os peritos non cualificaron o tren pero constataron que a liña si era de “alta velocidade”.
A plataforma de vítimas resalta que o informe europeo amosa que Fomento obviou "as causas estruturais" do accidente, que atinxen a entidades dependentes do Goberno de España. O BNG anuncia novos recursos en Bruxelas e unha nova petición de investigación en Galicia.