
Galicia despide as vítimas
Centos de persoas participaron na homenaxe civil aos falecidos. No acto, sobrio e coas notas da Negra Sombra de Rosalía de fondo, interviron familiares, veciños de Angrois e unha das traballadores que participaron na atención aos afectados. A dona dun dos falecidos reclamou: "Queremos saber a verdade, que nos digan por que pasou. Se é certo que o accidente se puido ter evitado intenten que nunca máis volva pasar". Audios no interior.