
AGE e BNG non participarán na cerimonia católica polas vítimas
O funeral será oficiado polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e está confirmada a asistencia de Rajoy, Núñez Feijóo e outras altas autoridades. O Bloque propuxo o sábado, a través dunha carta remitida ao presidente da Xunta, a celebración dun funeral civil. E Alternativa afirma que non participará "en hipócritas cerimonias espectáculo".