AGE pide que o Parlamento sexa acusación popular polo accidente do Alvia
Alternativa Galega de Esquerda pediu este luns que o Parlamento galego se presente como "acusación popular" polo accidente de tren en Angrois.
Alternativa Galega de Esquerda pediu este luns que o Parlamento galego se presente como "acusación popular" polo accidente de tren en Angrois.
Renfe, membro do consorcio español que opta ás obras, parapétase en que os trens Alvia non son alta velocidade para non ficar excluída a causa do accidente ferroviario de Compostela
A comparecencia da ministra de Fomento non achegou grandes “novidades” sobre as causas do accidente. A ministra anunciou un paquete de 20 medidas pero os grupos da oposición seguen reclamando unha comisión de investigación e "responsabilidades políticas"
Moitas cifras e informacións coñecidas e poucas explicacións sobre as causas do sinistro nas comparecencias no Congreso dos presidentes de ambas as dúas empresas. Confirman que o treito carecía de ERTMS e responsabilizan ao goberno socialista de ter adoptado esta decisión en 2010.
Os presidentes de Renfe e Adif, Julio Gómez-Pomar e Gonzalo Ferre, comparecerán este xoves no Congreso. A ministra de Fomento, Ana Pastor, farao o venres. Cada día aumentan las incógnitas sobre o sinistro.
A formacíón demanda unha comisión de investigación transparente, plural e independente e pide información sobre a seguridade do tren Alvia Madrid-Galicia e sobre o trazado da alta velocidade no tramo en que ocorreu o sinistro.
Seis multinacionais repartíronse ese investimento de Renfe e Adif, e mantéñense as dificultades para que os seus equipos sexan compatibles entre si nos 1.786 quilómetros instalados
Miguel Anxo García Álvarez é especialista en Psicoloxía Clínica do Hospital Clínico de Santiago. Foi presidente do Colexio de Psicólogos e publicou varios traballos sobre os impactos e consecuencias psicolóxicas de catástrofes nas poboacións dende o Casón ao Prestige.
PSdeG-PSOE, AGE e BNG critican a "falta de rigor" da información ofrecida por Alfonso Rueda na súa comparecencia na Cámara. Os tres grupos reclaman que se afonde na explicación das causas do sinistro "como mostra de respecto ás víctimas" e louvan o traballo dos profesionais públicos.
O vicepresidente da Xunta detalla a partir das 16.30 o dispositivo de emerxencia posto en marcha para atender os pasaxeiros do accidente de tren. Os tres grupos da oposición ven "precipitada" esta comparecencia e AGE e BNG piden a creación dunha comisión de investigación.