Angrois: traxedia en Compostela
A traxedia en Galicia enche portadas de todo o mundo
Todos os diarios do Estado e boa parte dos europeos levan ás súas primeiras páxinas o tráxico accidente de Compostela.
Cinco minutos de silencio
En todos os concellos de Galicia celebráronse concentracións de homenaxe ás vítimas do sinistro. No Parlamento tamén se concentraron os deputados e deputadas e o persoal da Cámara. A Policía Científica rebaixa a 78 o número de falecidos no accidente. Hai 83 feridos, dos cales 27 permanecen en estado crítico.
Adif xustifica que o sistema de seguridade era "suficiente" cunha "velocidade normal"
A ministra de Fomento, Ana Pastor, afirma que "os sistemas de seguridade van adecuados aos tipos de trens e á velocidade permitida". Os maquinistas cualifican a curva da Grandeira de "punto negro" e sinalan que a "singularidade da liña galega, feita a anacos" complica o percorrido.
Lotus leva a bandeira galega á F-1 como homenaxe ás vítimas
A escudería de Raikkonen lucirá a bandeira de Galicia nos seus monoprazas grazas á homenaxe que quere renderlle o seu propietario Gerard López, fillo de emigrantes de Riotorto.
Estacións de tren ateigadas en homenaxe ás vítimas
O pobo galego rendeu homenaxe a todas vítimas e afectados polo sinistro de Angrois ateigando as estacións de tren de apoios e solidariedade.
Dividirá o Goberno en catro empresas a Renfe a pesar da traxedia de Santiago?
Nunha lei de hai un ano obrigábase a liberalizar o tráfico ferroviario de pasaxeiros e a dividir a Renfe antes do 31 de xullo. A ministra de Fomento mantén unha reunión este venres cos sindicatos da operadora para explicarlles as decisións do Consello
Non deamos nada por sentado
David Rodríguez
Galicia, de loito
Decrétanse sete días de loito en toda Galicia e suspéndense actos oficiais, politicos e festivos. Centos de galegos amosaron a súa solidariedade coas vítimas en varias cidades e vilas galegas. Este venres ao mediodía gardaranse cinco minutos de silencio en todos os Concellos.
Moitos heroes e algún vilán
O 24 de xullo de 2013 será lembrado pola acción desinteresada e o traballo de moitas persoas e colectivos. Tamén hai viláns e críticas, sobre todo dirixidas ao desleixo de moitos medios de comunicación nas primeiras horas da traxedia
Esta desgraza tan grande
Suso de Toro
Chove en Santiago
Iolanda Veloso