O ecoloxismo galego denuncia a inacción da Xunta ante a caza ilegal da rula
Este xoves a Xunta autorizou a tempada de caza estival na Limia, onde se concentran as poboacións máis importantes de rulas, unha medida que segundo a SGHN pode afianzar o declive da especie na zona. A entidade vén de denunciar o Goberno galego ante o Comisario Europeo de Medio Ambiente por contravir a Directiva Aves da UE