A CRTVG arquiva o expediente á xornalista que criticou ante Feijóo o control informativo nos medios públicos
A dirección dos medios públicos pecha o proceso sancionador contra Tati Moyano entre críticas á vaga de solidariedade coa xornalista, que encadra nun "xuízo mediático e político". Cinco días despois da gala contra o cancro na que a xornalista aludiu ás protestas dos venres negros expedientárona esgrimindo "indicios" de que se maquillara na TVG para presentala