A estratexia ante Gallardón: unidade, mobilización e pedagoxía
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto anunciará nos primeiros días de xaneiro un calendario de accións e mobilizacións. Búscase deixar ao descuberto que a maior parte da sociedade, incluídos os e as votantes do PP, están en contra da reforma.