Voltar

Día Nacional 2024

  • A gran simulación

    A ofrenda rexia ao Apóstolo é ben anterior ás Irmandades e á súa elección do 25 de xullo como "Día de Galicia" e á autonomía política galega e, en todo caso, allea a ambas. Mesmo as ditaduras do século XX a empregaron como contraposición ou parte da represión contra o galeguismo político. A abdicación do Goberno galego a respecto do Día Nacional de Galicia contribúe a acrecentar unha caste de simulacro no que se presentan como parte da celebración da personalidade política do país eventos que non son tal

  • A Alba de Compostela consolídase como "festa común" para construír o futuro da cidade e do país

    O Teatro Principal acolleu a segunda edición da conmemoración inspirada no Alba de Gloria de Castelao e que homenaxeou a Concha Losada, Xaquín Mato, Mabel Loza e a Miguel Fernández. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, destacou que a festa "naceu para ser colectiva, unitaria, para sumar vontades, para dialogarmos e medrar, para subir novos chanzos nesta Compostela amada"

  • Pontón celebra que "o BNG está de moda" e apela á "esperanza" nun concorrido Día da Patria

    A portavoz nacional do Bloque reivindica a "nova liña política actualizada e moderna" que levou a formación dende unha situación "crítica" a ter "o apoio popular en máximos e medrar ano tras ano" nunha manifestación con máis presenza e sorrisos que anos atrás. "Cambiamos moito, pero hai algo que se mantivo firme: todos e cada un dos nosos principios", mantén Pontón, quen resalta que o BNG "xa non á alternativa real ao PP", senón "un auténtico goberno alternativo"

  • Día (...) de Galicia

    A Xunta esquiva a denominación oficial do Día Nacional de Galicia e só se refire a ela como tal no calendario laboral nun contexto no que tanto con Feijóo como con Rueda os gobernos do PP deron en abdicar da celebración, mesmo chegando a desaparecer dun 25 de xullo no que se limitan a asistir a actos organizados por terceiros. Por incomparecencia do PP e do Goberno da Xunta, o protagonismo político do Día Nacional recae nos grupos da actual oposición. O BNG culmina os actos do Día da Patria coa súa manifestación en Santiago e o PSdeG homenaxea a Castelao en Rianxo

  • 40 anos do día que o 25 de xullo e Castelao volveron á Quintana

    A marcha convocada polo BNG no Día da Patria de 1984 foi histórica porque supuxo o retorno das manifestacións do Día Nacional á Praza da Quintana e á zona vella compostelá, despois de tres anos de prohibición e dos importantes incidentes que marcaran a marcha do ano anterior. Ademais, Castelao foi protagonista, con centos de retratos de gran tamaño, no marco do debate xerado polo retorno dos seus restos, despositados no Panteón de Galegos Ilustres.

  • A data das Medallas de Galicia avanza que a Xunta seguirá ausente do Día Nacional

    O actor Luís Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual recibirán a Medalla de Galicia, que volverá entregarse o 24 de xullo. Feijóo mudou en 2014 as Medallas de Galicia para o 24 de xullo tras o accidente de Angrois para dedicalas ás persoas afectadas no sinistro e quen as asistiran malia ao criterio de boa parte das vítimas e só en 2021 volveron entregarse no propio Día Nacional de Galicia