Letra G
Galeusca denuncia a "invisibilización" das literaturas galega, catalá e vasca nos medios
A federación que agrupa as asociacións de escritores en galego, catalán e euskera celebrou o seu encontro anual esta fin de semana en Donostia. Denuncia igualmente un proceso de recentralización no ensino
Xelís de Toro: A liña non escrita
Armando Requeixo inicia as súas colaboracións con Praza cunha recensión crítica do última obra de Xelís de Toro, O libro das pontes invisibles, un poemario bilingüe galego-inglés editado por Pighog Press.
“‘Longa noite de pedra’ non encaixou con parte do establishment galego da época”
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro non é unha biografía máis. O libro de Ramón Nicolás foi agardado como a gran obra sobre a vida e a obra do autor de Longa noite de pedra. Documenta, amplía e sistematiza o que xa se sabía, e tamén bota luz sobre aspectos máis descoñecidos, como a etapa de militancia política de Celso Emilio anterior á guerra civil.
Alfonso X, Angela Channing e Caneiro
José Luis SucasasSaudade dos tempos nos que o futuro estaba ben trazado
Dolores Vilavedra analiza algunhas as últimas novidades literarias: as obras de Alberto Lema, Xesús Constenla, Manuel Lourenzo, María Reimóndez, Anxo Angueira, Teresa Moure, Ramón Nicolás, Manuel Xestoso e Xosé Cid Cabido.
“Se hai que tomar partido, que sexa fóra da ficción”
Algo mudou no xeito de escribir de Samuel Solleiro desde dz ou o libro do esperma. A súa nova obra, Gran tiburón branco, (Xerais), mantén a mesma ollada ao complicados, e ata patéticos, que podemos chegar a ser os seres humanos. Coa mesma frescura, a mesma retranca que o caracteriza, pero cunha perspectiva -di el mesmo- máis libre da dependencia do intento de facer unha crítica social explícita. Cinco relatos que son iso, cinco ficcións. Personaxes, ambiente e historia, e un estilo que se adapta a cada circunstancia. El mesmo o conta nesta entrevista.
Chus Pato e Fina Casalderrey, candidatas a entrar na Real Academia Galega
As dúas escritoras son as propostas para ocupar a vacante de Isla Couto. Os académicos e as académicas deberán votar no próximo plenario para decidir cal das dúas será a numeraria electa que volva aumentar a presenza feminina na Rúa Tabernas.
O sistema literario e elas
Begoña Outeiro"Hai unha presenza da temática lesbiana na literatura que unha e outra vez é relegada pola crítica"
Mulleres rebeldes protagonizan as novelas de María Reimóndez. E En vías de extinción, a súa última obra, non é unha excepción. Gaia, unha moza galega, feminista e nacionalista, con orixes no rural e cunha forte personalidade inicia unha relación cunha cantante famosa. Falamos con María desta novela e tamén da súa intervención no último congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, arredor do lesbianismo na literatura.
“No cómic galego somos uns poucos francotiradores. E algúns dispáranlles aos compañeiros”
O debuxante ourensán David Rubín adianta en Praza que a segunda parte da súa obra 'El Héroe' chegará ás librarías a finais de novembro coa editorial Astiberri. Aproveitamos a ocasión para analizar con el nunha ampla entrevista o lanzamento, a crise e o sector da banda deseñada en Galicia.
Cordal, Lopo, Rei Ballesteros e Rivas, traducidos na revista norteamericana 'Absinthe'
A publicación semestral está centrada na literatura europea contemporánea e no seu novo número dedícalle un especial ás letras galegas.