Os Franco piden 13 anos de cadea ás persoas que ocuparon Meirás nunha protesta simbólica
A Fundación Francisco Franco, que xestiona as visitas ao inmoble, Carmen Franco e Cristóbal Martínez-Bordiu reclaman elevadas penas de prisión para as 19 persoas que participaron na protesta o pasado mes de agosto. "Foi unha acción pacífica e simbólica, sen ningún tipo de incidente", din.