O descanso definitivo do Veiro será en galego tras pasar tres anos enterrado en vida polo franquismo
O Concello de Nigrán e a súa familia traducen a lápida baixo a que repousa un sindicalista represaliado tras a guerra que viviu tres anos agochado
O Concello de Nigrán e a súa familia traducen a lápida baixo a que repousa un sindicalista represaliado tras a guerra que viviu tres anos agochado
O Concello santiagués solicita ao xulgado que condene os Franco a devolver as esculturas para quedaren expostas no Museo da Catedral. Carmen Polo "insistiu" en quedar coas esculturas nunha visita en 1954 ao Pazo de Raxoi, onde o Concello as colocara
A Cámara Baixa aproba por unanimidade a proposición de En Marea para que a familia do ditador devolva as figuras "ao seu lexítimo propietario", o municipio santiagués, que presentará nos vindeiros días a demanda xudicial tras acabar o prazo dado aos Franco para a entrega das tallas
O PSdeG defendía que a Xunta se unise ás entidades locais para recuperar Meirás e incorporou emendas de En Marea e BNG para pedir a ilegalización da Fundación Franco. O pleno aprobou o texto promovido polo PP co abstención da oposición.
Coa protesta queren visibilizar os "privilexios" e a "impunidade" da que, aseguran, goza a familia Franco "en pleno 2017" en Galicia. É o segundo acto deste tipo tras a entrada no Pazo de Meirás hai unhas semanas.
A Consellería de Cultura resalta que "vén colaborando" coa homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en San Simón "na medida das posibilidades actuais deste departamento". "Autorizan e financian o catamarán, nada máis", retruca a Iniciativa Galega pola Memoria
DOCUMENTO | Martiño Noriega envía un requirimento á filla do ditador esixíndolle a devolución das esculturas e anuncia que o Concello emprenderá accións legais de non recibilas. A Fundación Franco reabre Meirás ás visitas este venres logo de cancelalas "por seguridade"
Reclama tamén ás Nacións Unidas a ilegalización da Fundación Franco por exaltación do franquismo e "que se actúe ante o Estado español para declarar ilegal facer apoloxía do franquismo e para que se facilite a investigación e reparación dos crimes da ditadura"
O alcalde, Martiño Noriega, anuncia que o Concello atopou a documentación que demostra que as figuras de Abraham e Mateo que posúe a familia do ditador pertencen ao municipio
O sábado 30 de setembro lembrarase o 80 aniversario do asasinato do Comandante Moreno e os seus homes e o décimo da exhumación que permitiu identificar os seus corpos, que se atopaban nunha foxa común no Acevo.
O programa 'El Intermedio' lanza o cancelo nas redes sociais e chama a "liberar os dous últimos presos do franquismo", en referencia ás esculturas en propiedade da familia do ditador