Memoria antifranquista
Santiago acha os papeis que certifican que as esculturas en mans dos Franco son propiedade municipal
O alcalde, Martiño Noriega, anuncia que o Concello atopou a documentación que demostra que as figuras de Abraham e Mateo que posúe a familia do ditador pertencen ao municipio
A Fonsagrada celebra os dez anos da recuperación dos restos dos membros do Batallón Galicia
O sábado 30 de setembro lembrarase o 80 aniversario do asasinato do Comandante Moreno e os seus homes e o décimo da exhumación que permitiu identificar os seus corpos, que se atopaban nunha foxa común no Acevo.
#FreeAbrahamIsaac: campaña para recuperar as figuras do Pórtico da Gloria en mans dos Franco
O programa 'El Intermedio' lanza o cancelo nas redes sociais e chama a "liberar os dous últimos presos do franquismo", en referencia ás esculturas en propiedade da familia do ditador
“A Transición para nós foi exemplar”, di Feijóo preguntado pola situación dos Franco no Pazo de Meirás
O PP rexeita prohibir que a Fundación Franco xestione as visitas ao pazo e o presidente da Xunta acusa o BNG de apoiar que se incumpra a lei tanto co edificio como en Cataluña, reproducindo a argumentación empregada hai dous días pola Fundación Franco
A Fundación Franco ameaza e denuncia os militantes do BNG por "asaltar" Meirás
A entidade franquista responde á ocupación simbólica advertindo que fará "todo o que estea na súa man para asegurarse de que os asaltantes reciban o seu xusto castigo de acordo coa lei", cualifica os participantes na acción de "delincuentes" e compáraa coa "sedición do Parlamento catalán"
A Xunta deixa en 4.500 euros a multa á familia Franco por incumprir a lei no Pazo de Meirás
O propio Goberno galego, que ata finais de 2012 gastou máis 50.000 euros na seguridade do recinto, admite que a sanción podía ser de ata 6.000 euros
A Fundación Franco dá por "canceladas" as visitas ao Pazo de Meirás "ata nova orde"
Feijóo e outros cargos do PP galego suxiren que os herdeiros do ditador poderían acceder a "doaren" o histórico edificio como mostra de boa vontade e "reconciliación" coa poboación
BNG e goberno de Santiago piden que os Franco devolvan as esculturas do Pórtico da Gloria
O Bloque considera unha "vergoña democrática" que as dúas figuras formen parte da colección particular dos herdeiros do ditador. O executivo de Composela xa está a "estudar vías xurídicas que permitan que as dúas tallas volvan formar parte do patrimonio público"
Cultura di "non estar para dar diñeiro aos Franco" tras pagarlles 50.000 euros en seguridade
A Xunta evita impulsar iniciativas para recuperar para o público o inmoble logo de que o PPdeG vise "razoable" facelo. A Consellería asegura que o edificio "só pode pasar a ser propiedade pública a través da súa compra ou da súa expropiación"
Membros do BNG ocupan simbolicamente o Pazo de Meirás para esixir a súa devolución
Militantes do Bloque despregan no histórico edificio pancartas contra a ditadura despois de que os herdeiros do ditador encomendasen a xestión das súas visitas á Fundación Francisco Franco
O PPdeG ve "razoable" devolver Meirás ao público, pero non compromete que a Xunta interveña
Puy di "comprender" que a "exhibición" de Meirás pola familia do ditador "pode ofender as vítimas do franquismo"; "non somos franquistas", reiterou. En Marea, PSdeG e BNG rétano a traducir as súas palabras en feitos concretos da Xunta para promover que o pazo deixe de ser propiedade dos Franco