"Ao bordo do crack": as deputacións de PSdeG e BNG esixen máis fondos "obxectivos" da Xunta aos concellos
Nas comparecencias ante o Parlamento para presentaren os seus orzamentos de 2027 o presidente da Deputación da Coruña advirte duns municipios "asfixiados polos custos" e a presidenta da de Lugo "reta" o Goberno galego a "abrir o debate sobre o reparto dos fondos públicos" para "que non dependan de quen goberne noutra institución": "Non son favores, pertencen á cidadanía"