A enésima promesa incumprida de Pemex deixa en evidencia a Xunta
A petroleira anula agora o segundo flotel en Barreras e desbota a terminal no porto exterior da Coruña. Feijóo xustifícao na baixada do prezo do petróleo e di "entendelo perfectamente". A oposición pedirá explicacións no Parlamento e volve acusar o presidente de "usar o naval electoralmente".