Ningún dos concelleiros do PP afíns a Paula Prado arroupou a Ángel Currás na súa comparecencia
O alcalde compostelán só estivo acompañado por catro dos dez edís populares. Este venres Rajoy e Feijoo presiden unha homenaxe a Fernández Albor en Compostela e evitarán calquera encontro con Curras.