
A Pokémon non regalaba nada
Os investigadores da presunta trama corrupta describen achegas de cartos para proxectos do Concello de Santiago que achegarían como contraprestación á concesión de servizos públicos.
Os investigadores da presunta trama corrupta describen achegas de cartos para proxectos do Concello de Santiago que achegarían como contraprestación á concesión de servizos públicos.
Os investigadores da Pokémon interviñeron conversas telefónicas nas que, ao seu xuízo, fica claro que a trama se fixo, mediante un concurso amañado, coa xestión dunha escola infantil de Santiago na que o persoal foi recomendado por cargos do Concello con coñecemento do alcalde, Ángel Currás.
O presidente da Xunta descarta cesamentos no seo do seu partido ata, cando menos, que se publique integramente o sumario, e deixa caer críticas á instrución polo "morbo" dalgunhas das conversas intervidas. Audio no interior
As conversas intervidas a un dos presuntos líderes da trama revelan que o ex alcalde "cometería prevaricación ao ordenar que non se cobrase ás monxas". Noutra conversa Espadas admite que "foi corrupto por Gerardo". O BNG apela á "rebelión" para frear a "podremia" da corrupción.
O sumario da presunta rede corrupta sitúa o ex xefe de gabinete de Conde Roa, Ángel Espadas, como peza central para a consecución de contratos na capital galega. Tras a caída de Conde Roa, a trama procurou intermediarios para "tender pontes" con Ángel Currás.
O sumario da presunta trama corrupta revela o xeito en que os seus líderes dixeriron a marcha do ex alcalde de Santiago, con cuxo goberno trataban, presuntamente, a concesión 'a dedo' de servizos municipais a cambio de "favores" e agasallos.
Empresarios de Lugo doaban ata 30.000 euros aos socialistas para a campaña, o número dous do PP na Coruña non tarda nin un mes en negociar o amaño de contratos para Vendex, que pacta concesións co alcalde en Ourense e negocia en Santiago a cambio de colocar amigos.
O sumario da maior trama de corrupción en Galicia revela os supostos subornos, amaños e enchufes na Coruña, Lugo, Santiago e Ourense. Os populares Currás e Julio Flores e os socialistas Orozco e Francisco Rodríguez, os peor parados da investigación.
O Goberno galego entrégalles aos conservadores datos dos contratos asinados entre 2005 e 2009 coa empresa Aquagest, presuntamente implicada no caso Pokémon a través dalgúns dos seus dirixentes