
A Audiencia de Lugo rexeita pór en liberdade a Espadas por "risco de fuga"
A sección segunda da audiencia luguesa pondera o "papel relevante" na "trama" Pokémon do ex edil e antigo asesor de Conde Roa para mantelo en prisión
A sección segunda da audiencia luguesa pondera o "papel relevante" na "trama" Pokémon do ex edil e antigo asesor de Conde Roa para mantelo en prisión
O presidente da Xunta amósase molesto ao ser cuestionado pola situación do goberno santiagués e volve reclamar que o gabinete de Currás aclare a súa actuación, desta volta pola suposta presentación de facturas falsas en subvencións a unha asociación de veciños
Alternativa e Bloque coinciden en reclamar que o presidente tome "decisións" e reclame a disolución da corporación compostelá
O PP compostelán tivo que correr a lista tres veces dende o inicio do seu primeiro mandato ao mando da capital de Galicia, ao que chegou tras modificar a candidatura que tiña prevista para excluír dela a Ángel Espadas.
O PSdeG compostelán asegura saber de fontes "fidedignas" que Feijóo valora enviar concelleiros non electos á cidade para "tutelar" o goberno local, sumido de novo no descontrol polo caso 'Manga'. O alcalde reorganiza o seu gabinete tras a dimisión do edil de seguridade, en liberdade baixo fianza.
O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, deixa de militar no PP e abandonará tamén o seu escano na Deputación da Coruña. Son tres xa os membros do goberno local de Santiago os que están imputados, ao tempo que o ex concelleiro Espadas ingresa na cadea.
A maxistrada Pilar de Lara inicia unha nova fase da operación por supostas adxudicacións irregulares que xa lle custou o cargo aos alcaldes de Ourense e Boqueixón. O novo operativo, denominado 'Manga', sáldase co prendemento do titular de Seguridade de Santiago, de Ángel Espadas, ex asesor do anterior rexedor compostelán, e de sete persoas máis en Galicia, Catalunya e Asturias.
A dirección conservadora sobe o nivel das súas advertencias públicas aos conservadores composteláns, enleados nunha arañeira de imputacións xudiciais e liortas internas
Unha manifestación percorreu as rúas da cidade baixo a chuvia pedindo a disolución da corporación municipal e a convocatoria de eleccións ante os escándalos de corrupcións relacionados con Gerardo Conde Roa e Ángel Currás
O secretario xeral dos conservadores reclama a fin do conflito interno no goberno local compostelán mentres, dende Ourense, Baltar ameza con denunciar a quen vaia contra a "honra" da Deputación tras vetar unha investigación sobre os presuntos contratos irregulares