
O PP cesou as críticas sobre a ORA en Lugo tras reunirse cun presunto líder da Pokémon
Axentes de Vixilancia Aduaneira vixilaron unha xuntanza entre o delegado de Véndex en Galicia e José Manuel Barreiro na sede dos populares en Lugo.
Axentes de Vixilancia Aduaneira vixilaron unha xuntanza entre o delegado de Véndex en Galicia e José Manuel Barreiro na sede dos populares en Lugo.
A xuíza Pilar de Lara considera que as condutas da voceira do PPdeG na súa etapa como edil "poderían ser constitutivas de infracción penal". O PP suspende un acto electoral no que participaba sen comunicalo previamente e despois atribúeo a un "erro".
Visto para sentenza o xuízo contra os sete edís de Compostela que decidiron pagar con fondos públicos o avogado dun imputado na Pokémon sen as garantías legais suficientes, segundo a Fiscalía. O Ministerio público mantén a petición de nove anos de inhabilitación e o alcalde ve "demostrada" a "inocencia" dos seus.
A Audiencia desestima o recurso co que os edís composteláns tentaron evitar o banco dos acusados por un presunto delito de prevaricación. Sete dos trece concelleiros acordaron pagar con fondos públicos o avogado do edil de Deportes, imputado na Pokémon, e segundo os maxistrados fixérono de xeito "incondicional".
O TSXG anula a creación de novos postos para relevar o secretario e a interventora municipais, que segundo presuntos implicados no caso Pokémon "torpedeaban" as operacións de Conde Roa e Espadas.
A número tres do PP galego nega que 'inchase' contratos na súa época como concelleira e desliza críticas á xuíza De Lara por manter en segredo a súa declaración no xulgado pero non o informe de Vixilancia Aduaneira con sospeitas sobre ela.
A investigación da presunta trama corrupta atribúelle á voceira do PPdeG o impulso de recomendacións para postos en concesionarias municipais e o recoñecemento de que medidas como o publicitado plan de aforro do consistorio non existían.
O alcalde de Santiago reclamoulle á maxistrada Pilar de Lara en xaneiro de 2013 que prohibise todas as publicacións sobre o caso ata a apertura de xuízo oral
O PP esixe dimisións en Ourense, con 7 imputacións para tres edís, mentres defende a continuidade do seu gabinete en Compostela, onde 10 dos 13 membros do equipo de goberno teñen contas pendentes coa Xustiza. Analizamos as semellanzas e diferenzas de ambos casos.
O presidente da Xunta cuestiona os argumentos da xuíza e da Fiscalía para imputar sete edís composteláns por presunta prevaricación e vólvelle pedir explicacións á oposición. Ao tempo, teima en que PSdeG e BNG aprobaron pagarlle o avogado a un edil socialista imputado, aínda que no documento non figura pagamento ningún.
O presidente da Xunta e o goberno local compostelán teiman en reducir a intención de pagar o avogado dun imputado na Pokémon a un mero acto administrativo, obviando os argumentos da xuíza López Suevos.