O Poder Xudicial expedienta a xuíza Pilar de Lara por atrasar e acumular macrocausas
Tras a inspección do seu xulgado o Consello Xeral do Poder Xudicial considera que a instrutora dos casos Pokémon, Carioca e Garañón puido incorrer en "desatención ou atrasos inxustificados" das causas que instrúe e xerar "incrementos ficticios do volume de traballo" con "manifesto abuso procesual"