A Xunta oculta ao Parlamento cantos pisos turísticos operan en Galicia
Turismo admite que manexa os datos, pero evita revelalos á Cámara. A información bosquexada permite deducir que en Sanxenxo foron rexistradas unhas 900 vivendas turísticas
Turismo admite que manexa os datos, pero evita revelalos á Cámara. A información bosquexada permite deducir que en Sanxenxo foron rexistradas unhas 900 vivendas turísticas
A campaña amosa nun anuncio publicado na prensa impresa as lagoas artificiais do Monte Neme, en Carballo, nas que o propio Goberno galego recoñece "alarmantes niveis de aluminio e baixos niveis de pH". En febreiro de 2014 unha das balsas rachou, provocando un vertido de 24 mil metros cúbicos de lodos, auga e pedras.
A Xunta anuncia a súa inclusión na lista indicativa estatal, que conta xa cunha trintena de candidaturas previas, e Caballero minimízao
O catedrático Luis Caramés descarta que repercuta no volume de turistas e salienta que existe en toda Europa. Alfonso Rueda considerouna “contraproducente” sen aclarar os motivos e o PP pide que o Parlamento condene a turismofobia.
O popular Alfonso Fuente Parga chegou a outorgar permiso para 616 pisos nun só día. A fiscal pide dous anos de cárcere e dez de inhabilitación na vista fixada para febreiro, 12 anos despois.
O Goberno galego impón multas que suman 930.000 euros e desvía á Fiscalía a decisión dunha posible denuncia penal
O Goberno galego sinala que en 29 dos 31 días de agosto o areal de Augas Santas chegou ao máximo permitido de visitantes, 4.812 cada xornada
Poucos meses despois de desdeñar a implantación dunha taxa turística na cidade o presidente admite unha ocupación hoteleira case total en Santiago e máis de 100.000 peregrinos entre xullo e agosto
A proposta aprobada insta o Goberno a aprobar o Plan Reitor "de xeito urxente e inmediato"; o PP votou a prol pero gabouse de ser o "único" partido que "traballou" no documento. O PRUX que ficou conxelado en 2011 supeditaba "calquera actividade" no parque ás súas "necesidades de conservación"
Os matices que o Goberno galego tentou introducir no seu decreto non convencen ao órgano estatal, que xa lle pedira unha corrección en abril, cando Feijóo criticou a súa “dilixencia”. Airbnb amosárase contraria á norma galega, defendida polos hoteleiros tradicionais.
O deán da Catedral salienta a súa importancia para a “dimensión profunda” da peregrinación “máis aló da cantidade de xente que veña” xa que “do cuantitativo xa se encarga o Xacobeo e Turismo”. Para a directora de Turismo a Cátedra “dá resposta a unha vella aspiración da sociedade galega”.
O Plan Reitor de Uso e Xestión está obrigado pola lei e a Xunta chegou a contar cunha versión completa. Reducía o límite de visitantes ás Cíes a 1.800 e minguaba as prazas do camping ata as 550, ademais de restrinxir tamén a afluencia ás Ons.