Que turismo?
O peregrino 200.000 a Santiago adiántase de mediados de outubro ao inicio de agosto
Tras recibir o peregrino 200.000 do 2019, o pasado 2 de agosto, a Xunta reiterou o seu convencemento de que o crecemento do Camiño é "sustentable". Non obstante, o Plan Estratéxico do Xacobeo 2021 sinala a masificación com un dos aspectos negativos do fenómeno e admite que a "dimensión" do evento xa afecta "ao equilibrio entre os visitantes e a veciñanza de Santiago"
Os pisos turísticos seguen en ascenso e concentrados nuns poucos barrios
O número dos apartamentos rexistrados legalmente medrou un 18% dende xaneiro. Os datos oficiais da Xunta amosan a concentración das vivendas de uso turístico no núcleo de Sanxenxo ou na Zona Vella e o Ensanche compostelán
- Documento Que turismo?
- Política
Feijóo apela a unha “era xacobea” cun “Xacobeo de 5.000 días” que amose “a mellor Galicia da nosa historia”
O presidente, que vén facendo do ano santo a súa principal aposta política de futuro, presenta o Plan Estratéxico do Xacobeo, que reflicte a masificación como o principal aspecto negativos
A Xunta impuxo 17 sancións a pisos turísticos non rexistrados
O Goberno galego abriu 53 expedientes, a maior parte por actividade ilegal, penalizada con multas de entre 900 e 9.000 euros. O rexistro oficial recolle 8.500 pisos turísticos en Galicia, o dobre dos que había hai ano e medio.
Os apartamentos turísticos aumentan un 17% en seis meses e xa dominan todas as vilas costeiras
40 concellos, a maioría litorais, suman máis de 50 pisos turísticos legais. O número total de prazas nestes establecementos duplica xa ao que había en febreiro do pasado ano e achégase ao existente en hoteis
A mingua dos visitantes de fóra de Galicia fai caer os datos turísticos por primeira vez dende o 2012
Santiago, A Coruña e as Rías Baixas seguen a concentrar o 71% das estancias turísticas. A Ría de Arousa é a área con máis presión turística, con máis de 10 pernoctacións por habitante
- Vídeos Que turismo?
- Lecer
9 vídeos que amosan en FITUR a beleza de Galicia e o seu atractivo turístico
Xunta, deputacións provinciais e un gran número de concellos están a presentar en Madrid as súas campañas, moitas veces acompañadas de vídeos que amosan os tesouros dos distintos recunchos do país.
- Datos Que turismo?
- Acontece
Os pisos turísticos aumentan un 62% en Galicia en menos dun ano, concentrados nas zonas costeiras e Compostela
A cifra oficial é xa de 7.494 vivendas de uso turístico rexistradas legalmente, encabezadas por Sanxenxo, Compostela, A Coruña, Barreiros, O Grove e Foz. O número real é seguramente moi superior.
Ons absorbe os visitantes que xa non poden acoller as saturadas Illas Cíes
As Cíes diminuíron os seus viaxeiros este verán un 2,4%, fronte a un aumento do 15% rexistrado en Ons. En agosto, con todo, as Cíes aumentaron as visitas un 8% e rozaron o seu máximo legal de 3.000 turistas diarios, mentres que as Ons dispararon un 21% a súa ocupación ata o máximo legal diario, que quedará fixado en 1.800
Verdegaia pide "desestacionalizar" as visitas ás Cíes e Ons e rachar co modelo de "verán e praia" no parque
ENTREVISTA | Diego Rodríguez Vieites, representante do movemento ecoloxista no Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, alerta de que o borrador do plan de uso e xestión supón "un grave retroceso no tocante á conservación" deste espazo protexido. A entidade alerta do impacto medioambiental e dos problemas de seguridade xerados polo actual exceso de viaxeiros
Verdegaia denuncia que a Illa de Ons está a recibir o dobre de visitantes dos permitidos
Varias navieiras estarían a desviar unha parte importante dos viaxeiros das saturadas Cíes a este outro destino, que superaría algúns días as catro mil persoas cando o borrador do Plano Reitor de Uso e Xestión fixa un límite de 1.800 diarias.