O novo sistema de acceso ás Cíes só reducirá un 6% o número de visitantes autorizados en tempada alta
Os grupos ecoloxistas urxen o Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque, que iniciou esta semana o seu periodo de información pública. A Xunta prevé aprobalo no último trimestre de 2018, con 15 anos de atraso. As novas normas limitarán a 2.800 as entradas autorizadas (hoxe fixadas en 3.000). Introducirán por primeira vez, iso si, unha limitación nas Ons.