Audasa ingresou 66 millóns de euros por peaxes no primeiro semestre
A propietaria da AP9 tivo un beneficio antes de impostos de máis de 21 millóns de euros, recibindo máis de 365 mil euros por día en peaxes, lixeiramente por riba do ano anterior. En cambio, o seu cadro de persoal segue en descenso, caendo ata os 209 traballadores e traballadoras, 80 menos que hai unha década.