  - Pedro Sánchez visita en Barcelona a policías feridos e evita a xuntanza que reclama Torra- O presidente do Goberno central en funcións abandonou Barcelona sen manter contacto con ningunha autoridade catalá, mentres Torra respondía á súa carta pedíndolle falar e lembrándolle que o chamou "dúas veces e non non quixo contestar" 
  - Día clave nas protestas contra a sentenza do procés coa fin das 'Marchas pola liberdade' e a folga- As marchas da ANC e Òmnium conflúen en Barcelona nesta xornada de folga xeral e participarán nunha manifestación que se espera que teña a concorrencia das Diadas máis importantes 
  - O Goberno de Sánchez aproba en Barcelona a suba do salario mínimo e defende os "froitos" do diálogo- Tras se reunir con Torra nun clima cordial, o Executivo do PSOE reservou para a xuntanza en Barcelona, desenvolvida entre numerosas manifestacións de colectivos independentistas, medidas de impacto social como subir o SMI a 900 euros 
  - BNG, ERC e EH-Bildu encarreiran un acordo para as eleccións europeas- As tres formacións independentistas negociarán esta semana en Galicia os detalles da coalición electoral logo de pechar xa un preacordo. Oriol Junqueras, que sería cabeza de lista, lidera a operación na que ERC vetou a Puigdemont e o PNV rexeitou a oferta da esquerda abertzale para unirse. 
  - Oriol Junqueras: "Non pomos condición ningunha para dialogar, nin tan sequera a nosa liberación"- ENTREVISTA | "O xuíz Llarena non pode ser xuíz e parte e pretender á vez xulgar con imparcialidade", di o líder de ERC, que leva 197 días na cadea. Insiste en pedir diálogo e asegura que ter un Govern é un primeiro paso, pero "só ún dos moitos que se han de dar". 
  - ANÁLISE | Sete claves para ler os resultados das eleccións en Catalunya- Os comicios deixan un mapa moi semellante ao de 2015, co independentismo forte e Ciudadanos como a súa única alternativa. ERC non logra o 'sorpasso' a JxCat pero consolídase como segunda opción en moitas cidades. A CUP e os 'comuns' sofren importantes retrocesos 
  - O independentismo apela á mobilización fronte ao optimismo de C's no inicio da campaña catalá- Puigdemont abre o camiño cara ao 21D por videoconferencia prometendo a vitoria do independentismo, que apela ao espírito do 1-O e mantense pendente das accións xudiciais. Ciudadanos lanza a Arrimadas impulsada polo CIS e PSC e Comuns vense na presidencia polos vetos cruzados 
  - Puigdemont defenderá a independencia se Rajoy non retira o 155- Uno dos debates é se a resolución debe conter unha declaración formal de independencia ou erguer a suspensión da anterior sesión. Puigdemont chegou á conclusión de que as presións externas imposibilitaran o pacto e que Rajoy quería que o paquete de medidas do 155 chegase, polo menos, ao Senado 
  - Os medios públicos cataláns advirten de que non acatarán a intervención- As direccións de TV3, Catalunya Ràdio e a ACN denuncian que a xustificación do Consello de Ministros sobre suposta falta de neutralidade é "unha ofensa ao rigor dos traballadores". Puigdemont renuncia a ir ao Senado. 
  - Catalunya e o aparello do Estado agardan por unha declaración de independencia de efecto incerto- Puigdemont dará por válidos os resultados do 1-O ante o Parlament e apelará ao diálogo e á mediación internacional. A Generalitat prepara plans de continxencia ante a eventual aplicación do artigo 155 da Constitución, que ven probable 
  - A fuxida bancaria impacta de cheo na estratexia independentista- Banco Sabadell muda a súa sede a Alacant e CaixaBank estuda este venres se tamén marcha, en pleno debate do Govern sobre como aplicar o 1-O. O PDeCAT pide frear a declaración unilateral do luns: "As présas poden estragar o soño". 
  - Raül Romeva: "Faremos o referendo coas máximas garantías que nos permitan"- ENTREVISTA | O conseller de Asuntos Exteriores di que, tanto se hai votación como se se impide votar o 1-O, haberá "unha reacción" ao seguinte día. "En ningún dos 53 referendos dos últimos 25 anos houbo unha manifestación internacional antes de que se producisen", lembra 
