Santander compra o Popular e acaba de vez co histórico Banco Pastor
Levará a cabo unha ampliación de capital duns 7.000 millóns que cubrirá o capital. A operación remata de vez coa entidade galega, de 250 anos de historia, e pon en alerta os 1.400 traballadores do grupo en Galicia, onde a duplicidade de oficinas provocará novos recortes no emprego
Iberdrola manipulou as súas centrais no Sil para subir o prezo da luz
A CNMC sanciona a eléctrica con 25 millóns de euros porque " "consciente da existencia dun escenario de elevada", decidiu "retirar unha capacidade de produción" das súas centrais para así "elevar o prezo do mercado
Fíltrase o plan para que as empresas de EE.UU. entren no negocio dos servizos públicos en Europa
El Diario, La Marea e Diagonal publican en exclusiva os documentos, revelados a través da ferramenta de filtracións anónimas Filtrala.org. A sanidade e a educación están na mesa de negociacións do Tratado Transatlántico de Libre Comercio e Investimentos
Por que temos que facerlle caso ao FMI se sabemos que se trabuca?
O FMI trabucouse nas súas predicións pero as súas receitas son as que teñen máis posibilidades de seren aplicadas por ser quen ten os cartos. O Fondo celebra esta semana a súa asemblea anual, na que emite informes que condicionan o debate económico o resto do semestre.
As 25 cifras dun rescate bancario sen pagar
Dende 2007 volatilizáronse 250.000 millóns de euros entre perdas e activos tóxicos na economía. O Estado dá por perdidos 36.000 millóns de euros, unha cuarta parte no buraco de Bankia. A nacionalización de Novagalicia Banco supuxo 5.425 millóns.
As tres candidaturas de Madrid aos Xogos supuxeron un gasto de cen millóns de euros
Inclúese publicidade, 'lobby', xestión e preparación dos tres intentos da capital do Estado. Os patrocinadores privados pagan parte dos gastos, pero reciben beneficios fiscais e levan varias licitacións dos distintos actos.
O paro descende en 12 mil persoas, pero nos datos desestacionalizados o desemprego segue crecendo
O paro baixa en xullo en 64.866 persoas en España, como onte anunciou Rajoy no Senado. En Galicia o descenso do número de desempregados é moi importante: 12.332 parados menos, pero segue habendo máis parados e menos cotizantes que hai un ano.
Así son os novos impostos de Rajoy
O Consello de Ministros aproba unha batería de subas fiscais que inclúe a eliminación de deducións ás grandes empresas. Montoro asegura que non lle "gustan" as decisións adoptadas polo seu ministerio.
Falciani: "Se se corta unha cabeza, haberá outra detrás. Hai que ir á orixe do sistema"
El Diario entrevista en exclusiva a Hervé Falciani, o informático que sacou do banco privado suizo HSBC a meirande lista de evasores fiscais da historia. "Os máis poderosos agáchanse detrás de homes de palla", advirte baixo un programa especial de protección de testemuñas por medo a que o maten
Catro novas tesoiradas ao benestar receitadas pola Comisión Europea
O informe das recomendacións da UE volve insistir en afinar o gasto en servizos como a sanidade ou a Xustiza e pide ir máis aló coa aplicación da reforma laboral
A reforma das pensións podería penalizar dúas veces a mesma persoa
Algúns expertos alertan de que a aplicación antes de tempo do factor de sostibilidade pode colidir coos periodos transitorios da reforma das pensións vixente, que se completa en 2027.
A Taxa Tobin fará que os movementos a paraísos fiscais deixen pegada, segundo Oxfam
Intermón Oxfam cre que se o imposto se aplicase con toda a súa potencia en España, poderíanse chegar a recadar até 5.000 millóns de euros. En Facenda din que o terán listo para 2014 pero non se anunciou o venres no paquete de subidas impositivas