Audasa ben vale (non ir a) unha misa
CRÓNICA | Fronte ás críticas doutras ocasións aos alcaldes, desta volta Feijóo e Rajoy acudiron á inauguración de Rande á hora da ofrenda na Catedral, na que o presidente do Parlamento exerceu como delegado do rei
A Xunta, espectadora na inauguración de Rande que permitirá á AP-9 cobrar máis peaxe
Feijóo evita a transferencia da AP-9 no discurso do acto inaugural, no que os protagonistas da imaxe do día foron Rajoy e Ana Pastor. Os concellos do Morrazo non acudiron ao acto para lembraren que quedan obras sen facer e cuestionaren as peaxes e a seguridade
Os herdeiros de Carmen Franco quedan coa demanda das esculturas do Mestre Mateo e co conflito de Meirás
A filla do ditador faleceu aos 91 anos do cancro que padecía. A demanda interposta polo Concello de Santiago para recuperar as esculturas xa foi admitida a trámite por un xulgado de Madrid
Un improbable pacto do PP coa esquerda, única fórmula para que triunfe a censura no Concello de Lugo
O rexeitamento da cuestión de confianza á que a alcaldesa ligou o Orzamento de 2018 abre un prazo dun mes para a formulación dun eventual goberno alternativo que pasaría, necesariamente, polo pacto dos populares con Ciudadanos e, cando menos, tamén con Lugonovo, o BNG ou ACE
Feijóo ofrece outra vez ao PSdeG o liderado da oposición se pacta co PP
O presidente e o secretario xeral socialista, Gonzalo Caballero, manteñen o seu primeiro encontro oficial, no que o primeiro lembra a “cómoda” maioría da que dispón
A Generalitat asinou o mesmo pacto que o Sergas cunha empresa americana e publicou a parte que a Xunta oculta
A parte do convenio con Medtronic que o Sergas se nega a revelar para non prexudicar o "segredo comercial" da multinacional foi divulgada en internet polo Institut Català de la Salut. Ambos convenios son presentados como acordos sen achega económica, pero a sanidade pública dá en asumir gastos
A Xunta paga polas prazas en residencias privadas de maiores un 8% máis que polas públicas
Galicia destaca na estatística do IMSERSO polo protagonismo esmagador das residencias privadas fronte ás que dependen directamente da Xunta. Cada praza concertada supón para a Administración uns 1.000 euros máis ca unha pública
Xunta e Goberno central sabían dende xuño que o xacemento paleolítico de Vilalba estaba á venda
O pasado 6 de xuño o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta "comunicou" a Facenda que no predio que xa tentara vender dúas veces existían "dous xacementos arqueolóxicos". Ante a mobilización política e social o Ministerio "desistiu" da venda e vaino ceder ao Concello de Vilalba
O PP ficaría fóra do Parlamento catalán cunha lei electoral como a galega
Co limiar do 5% fixado polo PP de Manuel Fraga as forzas minoritarias do Parlament, PP e CUP, serían as máis prexudicadas, e as maioritarias seríano aínda máis
O independentismo suma maioría absoluta en Catalunya con C's como primeira forza
Con case o 100% escrutado o partido laranxa é o máis votado pero as formacións independentistas poderían gobernar ao sumar 70 escanos. A lista de Puigdemont dá a sorpresa e supera a ERC. O PSC non cumpre expectativas, os 'comuns' perden apoios e a CUP tamén cae. O PP fracasa con estrépito.
A Xunta, incapaz de aclarar a súa defensa da candidatura inexistente para o laboratorio europeo que vai pechar
En Marea, PSdeG e BNG instan a conselleira do Mar explicar se "foron incompetentes" ou "mentiron" no "esperpento" do laboratorio de bivalvos. Rosa Quintana insta a oposición a ficar coa parte "positiva" do sucedido.
O Goberno de Rajoy transferiu competencias a sete autonomías mentres a Galicia "non se podía"
Mentres tivo maioría absoluta o gabinete de Rajoy mantivo aberta a vía dos traspasos para Andalucía, Canarias, Comunitat Valenciana, Balears, Madrid e as dúas Castelas. Ao retornar á Xunta o PP dixo estar disposto a negociar os traspasos como o tráfico ou as autoestradas