A Fundación Franco dá por "canceladas" as visitas ao Pazo de Meirás "ata nova orde"
Feijóo e outros cargos do PP galego suxiren que os herdeiros do ditador poderían acceder a "doaren" o histórico edificio como mostra de boa vontade e "reconciliación" coa poboación
A Xunta gábase dun novo "récord" numérico de turismo mentres adía o plan para limitalo nas Cíes
Poucos meses despois de desdeñar a implantación dunha taxa turística na cidade o presidente admite unha ocupación hoteleira case total en Santiago e máis de 100.000 peregrinos entre xullo e agosto
O pleno de Vigo pide por unanimidade á Xunta o Plan Reitor das Illas Atlánticas, conxelado dende 2011
A proposta aprobada insta o Goberno a aprobar o Plan Reitor "de xeito urxente e inmediato"; o PP votou a prol pero gabouse de ser o "único" partido que "traballou" no documento. O PRUX que ficou conxelado en 2011 supeditaba "calquera actividade" no parque ás súas "necesidades de conservación"
As escolas infantís da Xunta inician o curso con case 1.200 familias a agardar por unha praza
A Xunta mantivo durante o prazo de solicitudes que "todas" as familias que precisasen escola infantir ían poñer dispoñer dela. As familias con nacementos ou adopcións posteriores a xuño non poden solicitar o Bono Concilia se no seu concello existen escolas "sostidas con fondos públicos"
Pedro Sánchez evidencia o carácter nacional de Galicia e a contorna do PP mófase del
"Hai cando menos tres territorios que historicamente manifestaron a súa vocación de seren nacións: Cataluña, País Vasco e Galicia", di o líder do PSOE. O termofoi substituído por "nacionalidade" na Constitución e a súa inserción foi unha das razóns do PP para romper a negociación do Estatuto en 2007
A Xunta asume que Fomento non construirá o AVE de Lugo a Ourense que prometeu Feijóo
Nunha resposta oficial o Goberno galego obvia o AVE, incluído no último programa electoral do PPdeG, e limítase a comprometer o impulso a unha "conexión ferroviaria de calidade". Feijóo chegara a prometer a construción desa liña con fondos da Xunta
Política Social xa non celebra o incremento da renda de inclusión, síntoma de pobreza
A Xunta presentou durante anos o incremento dos fondos da Risga como unha aposta política por un "modelo social máis xusto", pero a súa suba depende do número de solicitudes. O seu orzamento pasou duns 23 millóns a máis de 60 en apenas media década e as persoas perceptoras racharon por primeira vez a barreira das 10.000
O Sergas gasta 150.000 euros en letreiros coa lenda "hospital público" e o PSdeG veo "obsceno"
Os rótulos serán instalados en tres hospitais da Coruña e mais no de Cee e o seu importe coincide co retirado dos fondos das axudas para pagar a luz das familias e recolocado na "mellora de sinalética" dos centros sanitarios
A lei de creación da Policía galega acumula unha década de incumprimento integral
A norma, aprobada en 2007 tras o fracaso da reforma do Estatuto, prevía despregar unha policía galega integral mediante o traspaso de competencias estatais. A Xunta segue a contar só coa Unidade de Policía Adsdcrita, cun ámbito de actuación moi limitado.
A Xunta evita revelar ao Parlamento o custo da viaxe de Feijóo á China
A resposta do Goberno á pregunta concreta sobre "o custo da viaxe" limítase a indicar que foi "axustado ao establecido no Código Ético Institucional" do Executivo. O presidente estivo acompañado polo conselleiro de Industria, a directora de Turismo e unha trintena de empresarios
Persoal do Sergas comeza as protestas contra a supresión de áreas sanitarias
En Marea, PSdeG e BNG uníronse ás mobilizacións convocadas polo persoal nos hospitais contra a nova lei de saúde, que o Goberno galego comezou a tramitar este mes de agosto
A Xunta ten conxelado dende 2011 un plan para reducir o límite de visitas ás Illas Cíes
O Plan Reitor de Uso e Xestión está obrigado pola lei e a Xunta chegou a contar cunha versión completa. Reducía o límite de visitantes ás Cíes a 1.800 e minguaba as prazas do camping ata as 550, ademais de restrinxir tamén a afluencia ás Ons.