Feijóo contradí o seu gabinete e di que o comité de control do orzamento do Estado "funciona con normalidade"
A Xunta confirmou a Praza.gal que o comité non se creara ao ser substituído por un "seguimento continuo" no Consello, pero o presidente asegura que "a comisión funciona con absoluta normalidade" e foi "útil" para "levantar o parón" de 14 treitos do AVE
O "comité" que anunciou Feijóo en abril para controlar o orzamento do Estado en Galicia non existe
O presidente asegurou que el mesmo presidiría cada tres meses este comité, anunciado para amortecer o impacto político da caída do investimento estatal. O Goberno defende que controla o cumprimento dos compromisos dende o Consello da Xunta
O PP votou tres veces "non" a cumprir a lei da CRTVG no debate de política xeral
A lei está en vigor dende 2011 e o pasado setembro o PP xa rexeitou poñer prazos á súa aplicación. Feijóo defende que a actual dirección xeral xa está avalada polo consenso e os populares esgrimen a complexidade da norma como causa do incumprimento
Unha multitude rexeita en Monforte a supresión da área sanitaria que prepara a Xunta
A sanidade volve tornar un conflito para o PP en Lugo tras o éxito das protestas en Burela e Monforte. Os populares ven a manipulación da esquerda por tras das masivas mobilizacións contra a nova Lei de Saúde
O PP provoca que o Parlamento vote a "adhesión" ao discurso do rei sobre Catalunya
Os conservadores volven reclamar a ilegalización dos gobernos de coalición nos concellos sen a "lista máis votada". En Marea, PSdeG e BNG coinciden en ámbitos como a política sanitaria, a acollida a persoas refuxiadas ou na esixencia de que se cumpra a lei dos medios públicos
CRÓNICA | Catalunya fronte á única Galicia posible
O presidente resolve sen paixón a segunda parte do debate de política xeral tras situar, no inicio do seu primeiro discurso, as súas mensaxes contra o independentismo catalán. Só valorou unha proposta da oposición, a da reforma estatutaria, para desbotala porque "non é o momento"
En Marea | Villares chama á unidade da esquerda fronte a "frivolidade" de Feijóo
O voceiro de En Marea censura a "irresponsabilidade" de Feijóo, a "incendiar" falando de "golpismo" mentres a súa xestión se limita a prometer puntuais rebaixas de impostos. "Son tan ineptos que renuncian a recadar porque non saben investir"
BNG | Pontón censura que a "única novidade" do "modelo Feijóo" sexa sumarse á "caverna" contra Catalunya
A líder do BNG lamenta que o presidente opte por adherirse á teses da "dereita extrema" contra o soberanismo mentres "pasa olimpicamente" de Galicia e propón un relatorio para "superar o marco e dotar a Galiza de estatus de nación"
PSdeG | Leiceaga pide iniciar xa a reforma do Estatuto de Autonomía cun “horizonte federal”
O portavoz do PSdeG alerta das catro fracturas que ameazan a cohesión da sociedade galega: “social, xeracional, de xénero e territorial interna”
Feijóo torna en ariete contra o soberanismo catalán o principal debate parlamentario galego
O presidente abre cun discurso en clave estatal o debate de política xeral, no que forzará unha votación na que non caiban "equidistancias"
- CRÓNICA | Catalunya fronte á única Galicia posible
- En Marea | Villares chama á unidade da esquerda fronte a "frivolidade" de Feijóo
- PSdeG | Leiceaga pide iniciar xa a reforma do Estatuto de Autonomía cun “horizonte federal”
- BNG | Pontón censura que a "única novidade" do "modelo Feijóo" sexa sumarse á "caverna" contra Catalunya
O primeiro debate de política xeral da lexislatura, á medida de Feijóo e cun ollo en Catalunya
O encaixa da sesión por parte do Goberno tras o 1-O e antes das primarias socialistas condicionará a sesión, na que o presidente atacará os grupos da esquerda co soberanismo catalán e a súa vida interna mentres promete baixadas de impostos
"Paro de país" en Catalunya mentres parte da dereita pide máis dureza contra o independentismo
As cargas policiais do domingo erosionan a imaxe internacional do Estado e levan ás mobilizacións a sectores alleos ao soberanismo. O PSOE apoia a Rajoy na defensa da unidade de España, pero critica as cargas; Ciudadanos preme pola aplicación do 155