A dirección de RTVE nomeada polo PP recortou un 75% o investimento para cinema en galego
A caída dos fondos para longametraxes en galego está 25 puntos por riba do recorte medio ás achegas da Corporación RTVE para o cinema en idiomas diferentes do castelán. En 2012 e 2015 os filmes en lingua galega non tiveron achega ningunha de RTVE
O PSOE descúlpase coas vítimas do Alvia polo "atraso en apoialas" e Fomento teima no "non" a investigar
"Os socialistas soubemos rectificar, aínda que non foi doado; pido desculpas ás vítimas polo atraso en apoialas", sinala o deputado socialista Odón Elorza nun artigo. O ministro De la Serna, que apoiou as investigacións técnica e política mentres era alcalde, insta a agora a agardar pola "resolución xudicial"
Xunta e Fomento apláudense polo enlace da AP-9 ao Gaiás, anunciado por Feijóo como conselleiro en 2003
O primeiro anuncio da obra, que Fomento se dispón a contratar, lanzouno a Consellería que dirixía o actual presidente en plena promoción do Plan Galicia
Fomento non transferirá a AP-9 para non "desmantelar" o Estado e Feijóo acátao con "lealdade"
Feijóo di non "renunciar" á transferencia pero asume a negativa do Goberno de Rajoy e xustifícaa polas "tensións territoriais". "Son un presidente leal ao meu país, a España", proclama
A Xunta privatizou a limpeza dos hospitais sen "estudar" se era máis barato facela con persoal público
O Consello de Contas subliña que o custo do servizo con empresas privadas é "comparable" ao que suporía prestalo directamente. Tres empresas concentran o 70% dos fondos que a Xunta dedica a estes contratos, pouco "realistas" e con ofertas das empresas "dificilmente viables"
O PP evita que Feijóo acuda en agosto ao Parlamento a explicar o veto ao traspaso da AP-9
En Marea, PSdeG e BNG reclamaban que o presidente explicase se prevé realizar algunha xestión ante o segundo veto do Goberno de Rajoy á lei do traspaso. Os populares rexéitano porque non cren que haxa "novidades" ao respecto
A infancia nos medios de hai cen anos: a prensa da emigración olla a Galicia e a galega, a Madrid
A investigadora da USC Uxía Bolaño vén de ler a súa tese de doutoramento, centrada na representación da infancia nos medios no comezo do século XX. Na prensa da emigración a infancia aparece "como semente do porvir galego" e "esperanza de cambios socio-políticos", explica
Investigan un alcalde do PP ourensán por explotación de migrantes na súa empresa
O rexedor de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, nega que empregase na súa compañía a ningunha persoa en situación irregular. A investigación atinxe tamén á súa ex-esposa e ao seu fillo, presidente ata o ano pasado do Club Ourense Baloncesto
A Xunta pechou máis de 200 escolas unitarias en pouco máis dunha década
No vindeiro curso funcionarán 9 escolas unitarias menos en Galicia. Tras os peches de 2016 Feijóo cuestionara a "calidade educativa" das unitarias e as ANPAS reclamaran un plan específico que adapte ao rural os baremos xerais dos centros
A militancia do PSdeG votará a secretaría xeral do partido o 8 de outubro
A xestora do partido aproba o calendario para poñer fin a unha interinidade que se achegará aos dous anos. As candidaturas ao liderado terán que ser rexistradas a comezos de setembro e o Congreso Nacional celebrarase a finais de outubro
Rajoy di descoñecer a débeda do PP galego que empresas da Gürtel lle reclamaron a el
Rajoy defende ante o tribunal da Gürtel que coñecía a Pablo Crespo "porque era de Pontevedra" e secretario de organización do PPdeG, pero a súa relación con el era "absolutamente política e nada estreita"
Sanidade asegura que só ten un cirurxián pediátrico en Ourense porque non atopa máis
Familias, SOS Sanidade e oposición parlamentaria denuncian o "desmantelamento" do servizo. O tempo de espera en cirurxía pediátrica do CHUO quintuplicouse nun ano e os nenos e nenas a agardar pasaron de 9 a 92