Feijóo reedita a idea dun "acordo de país" contra o lume sen deixar a tese do "terrorismo incendiario"
O presidente enmarca a vaga nun contexto "excepcionalísimo" e teima en centrar o acontecido nos "terroristas", pero accede a crear unha comisión de estudo sobre os incendios na que En Marea, PSdeG e BNG van "colaborar" aínda que non haxa dimisións
A Xunta volve abdicar da coordinación dos aeroportos e limítase a pedir voos baratos
"Se podemos conseguir un billete de ida e volta a Madrid por 60 euros, seguro que os de Madrid poden vir aquí calquera fin de semana", di a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación dos orzamentos do seu departamento para 2018
Feijóo, fronte a Touriño tras os incendios de 2006: "o pobo venceu os criminais e a incompetencia da Xunta"
Este 7 de novembro Feijóo protagoniza unha comparecencia semellante á de Touriño tras a vaga de lume de 2006. O actual presidente esixira destituír o conselleiro de Medio Rural e acusara o Goberno de "utilizar os medios para dicir o que queren"
Os beneficios de ENCE seguen disparados ata case triplicarse
Nos primeiros nove meses do ano a pasteira rexistrou uns beneficios de case 60 millóns de euros, un 183% máis que no mesmo período do ano anterior. ENCE gábase de bos resultados e plans de futuro ás portas do despregamento en Galicia da portuguesa Navigator polo veto ao eucalipto no país veciño
As Illas Atlánticas xa suman máis turismo que en todo 2016 mentres agardan polo plan para regulalo
Nos primeiros nove meses de 2017 pasaran polas Illas Atlánticas un 6,7% máis de turistas que en todo 2017, segundo as cifras oficiais. O Plan Reitor das Illas Atlánticas tería, atendendo á lei, que estar en vigor dende o ano 2003
Os focos atribuídos ás persoas investigadas pola vaga de incendios suman 5 das 35.500 hectáreas ardidas
As primeiras pescudas ratifican a dificultade para atribuír a autoría dos incendios que xa apuntaron diversas fontes expertas mentres a Xunta aludía ao "terrorismo incendiario"
BREOGAN, vangarda galega na investigación para acabar co cancro de mama
O consorcio galego de cancro de mama participou con 3.000 pacientes nunha investigación internacional grazas á que as variantes xenéticas que "contribúen ao risco de desenvolver cancro de mama" pasan a ser practicamente o duplo das coñecidas
A Xunta asume que a poboación que precisa axuda para subsistir seguirá en máximos históricos durante 2018
En 2016, último ano con datos reais, recibían a Risga unhas 10.800 persoas e a Xunta prevé que en 2018 a cifra sexa semellante. O orzamento para financiala supera os 62 millóns de euros tras revelarse como insuficientes os 57 millóns de 2017
CRÓNICA | Galicia como tarefa, Catalunya como escusa
Hai unha década o Estatut catalán foi o principal pretexto político para a ruptura das negociacións do novo Estatuto galego. Dez anos despois o independentismo en Catalunya foi presentado como obstáculo para o traspaso da AP-9 a Galicia
Caballero toma o mando do PSdeG da man de Pedro Sánchez coa unidade como primeiro reto
Pablo Arangüena emerxe como vicesecretario xeral e voceiro da nova Executiva Nacional, que recupera o posto simbólico da presidencia para Leiceaga. Sánchez reivindica a "esquerda de goberno" coa vista posta en Catalunya
Museo do Pobo Galego: corenta anos dun milagre de país
O padroado do Museo resalta no acto de celebración do cuadraxésimo aniversario que lle cómpre unha "remuda xeracional" e máis recursos
Caballero colle o testemuño de Laxe e Touriño coa aspiración de tornar o PSdeG nun "exército para o cambio"
Touriño chama á "unidade" interna para que "máis cedo que tarde poidamos ter un presidente socialista na Xunta". O plenario do Congreso Nacional socialista está presidido polo avogado Pablo Arangüena, que se perfila como un dos homes fortes da nova Executiva