O PP evita que o Parlamento fixe prazos para o cumprimento da lei na CRTVG
Os populares tomban a norma coa que o PSdeG tentaba aprobar un calendario para poñer en marcha medidas conxeladas dende 2011. Os socialistas acusan o Goberno de pretender dilatar o "control político" dos medios públicos e o PP retruca que "manipulación había no bipartito" e non agora
A Xunta di "colaborar" na preservación da memoria histórica en San Simón que Feijóo descoñece
A Consellería de Cultura resalta que "vén colaborando" coa homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en San Simón "na medida das posibilidades actuais deste departamento". "Autorizan e financian o catamarán, nada máis", retruca a Iniciativa Galega pola Memoria
Fomento axita ante Feijóo o "non" ao traspaso da AP-9 no aniversario das eleccións nas que o prometeu
De la Serna reitera que o Goberno de España non vai ir alén de abordar as decisións relativas da AP-9 en encontros coa Xunta. En Marea, PSdeG e BNG ven no veto á lei do traspaso un resumo da xestión de Feijóo dende a súa terceira vitoria electoral
A Xunta ten tres meses para non volver incumprir a apertura do centro de discapacidade pechado dende 2013
O Goberno galego asegura que ten como "prioridade" abrir este ano o CEGADI, o complexo de atención a persoas discapacitadas en Santiago que custou 13 millóns de euros tras acumular nas obras sobrecustos superiores ao 50%
A Fundación Franco dá por "canceladas" as visitas ao Pazo de Meirás "ata nova orde"
Feijóo e outros cargos do PP galego suxiren que os herdeiros do ditador poderían acceder a "doaren" o histórico edificio como mostra de boa vontade e "reconciliación" coa poboación
A Xunta gábase dun novo "récord" numérico de turismo mentres adía o plan para limitalo nas Cíes
Poucos meses despois de desdeñar a implantación dunha taxa turística na cidade o presidente admite unha ocupación hoteleira case total en Santiago e máis de 100.000 peregrinos entre xullo e agosto
O pleno de Vigo pide por unanimidade á Xunta o Plan Reitor das Illas Atlánticas, conxelado dende 2011
A proposta aprobada insta o Goberno a aprobar o Plan Reitor "de xeito urxente e inmediato"; o PP votou a prol pero gabouse de ser o "único" partido que "traballou" no documento. O PRUX que ficou conxelado en 2011 supeditaba "calquera actividade" no parque ás súas "necesidades de conservación"
As escolas infantís da Xunta inician o curso con case 1.200 familias a agardar por unha praza
A Xunta mantivo durante o prazo de solicitudes que "todas" as familias que precisasen escola infantir ían poñer dispoñer dela. As familias con nacementos ou adopcións posteriores a xuño non poden solicitar o Bono Concilia se no seu concello existen escolas "sostidas con fondos públicos"
Pedro Sánchez evidencia o carácter nacional de Galicia e a contorna do PP mófase del
"Hai cando menos tres territorios que historicamente manifestaron a súa vocación de seren nacións: Cataluña, País Vasco e Galicia", di o líder do PSOE. O termofoi substituído por "nacionalidade" na Constitución e a súa inserción foi unha das razóns do PP para romper a negociación do Estatuto en 2007
A Xunta asume que Fomento non construirá o AVE de Lugo a Ourense que prometeu Feijóo
Nunha resposta oficial o Goberno galego obvia o AVE, incluído no último programa electoral do PPdeG, e limítase a comprometer o impulso a unha "conexión ferroviaria de calidade". Feijóo chegara a prometer a construción desa liña con fondos da Xunta
Política Social xa non celebra o incremento da renda de inclusión, síntoma de pobreza
A Xunta presentou durante anos o incremento dos fondos da Risga como unha aposta política por un "modelo social máis xusto", pero a súa suba depende do número de solicitudes. O seu orzamento pasou duns 23 millóns a máis de 60 en apenas media década e as persoas perceptoras racharon por primeira vez a barreira das 10.000
O Sergas gasta 150.000 euros en letreiros coa lenda "hospital público" e o PSdeG veo "obsceno"
Os rótulos serán instalados en tres hospitais da Coruña e mais no de Cee e o seu importe coincide co retirado dos fondos das axudas para pagar a luz das familias e recolocado na "mellora de sinalética" dos centros sanitarios