A vaga de lume é avivada co vento dos restos do furacán Ophelia, que traerán chuvia escasa
Os ventos do sur dos restos do furacán provocaron que practicamente toda Galicia superase os 30 graos este 15 de outubro
Os incendios no que vai de outubro duplican os habituais e volven a cifras de hai vinte anos
Os últimos incendios revelados por Medio Rural superan as 2.000 hectáreas, 800 delas no Parque do Xurés. No que vai de mes rexistráronse 235 incendios, o habitual na última década era que nestas mesmas semanas do ano roldasen os 100
As antigas caixas galegas venderon propiedades a directivos e ás súas familias por 1,5 millóns de euros
Abanca revela ao Parlamento o montante total das vendas de activos a responsables de Caixa Galicia e Caixanova e familiares dende 2004, pero non aclara o detalle das compras apelando á protección de datos, que "tamén impide" achegar datos completos da indemnización de Méndez
Feijóo contradí o seu gabinete e di que o comité de control do orzamento do Estado "funciona con normalidade"
A Xunta confirmou a Praza.gal que o comité non se creara ao ser substituído por un "seguimento continuo" no Consello, pero o presidente asegura que "a comisión funciona con absoluta normalidade" e foi "útil" para "levantar o parón" de 14 treitos do AVE
O "comité" que anunciou Feijóo en abril para controlar o orzamento do Estado en Galicia non existe
O presidente asegurou que el mesmo presidiría cada tres meses este comité, anunciado para amortecer o impacto político da caída do investimento estatal. O Goberno defende que controla o cumprimento dos compromisos dende o Consello da Xunta
O PP votou tres veces "non" a cumprir a lei da CRTVG no debate de política xeral
A lei está en vigor dende 2011 e o pasado setembro o PP xa rexeitou poñer prazos á súa aplicación. Feijóo defende que a actual dirección xeral xa está avalada polo consenso e os populares esgrimen a complexidade da norma como causa do incumprimento
Unha multitude rexeita en Monforte a supresión da área sanitaria que prepara a Xunta
A sanidade volve tornar un conflito para o PP en Lugo tras o éxito das protestas en Burela e Monforte. Os populares ven a manipulación da esquerda por tras das masivas mobilizacións contra a nova Lei de Saúde
O PP provoca que o Parlamento vote a "adhesión" ao discurso do rei sobre Catalunya
Os conservadores volven reclamar a ilegalización dos gobernos de coalición nos concellos sen a "lista máis votada". En Marea, PSdeG e BNG coinciden en ámbitos como a política sanitaria, a acollida a persoas refuxiadas ou na esixencia de que se cumpra a lei dos medios públicos
CRÓNICA | Catalunya fronte á única Galicia posible
O presidente resolve sen paixón a segunda parte do debate de política xeral tras situar, no inicio do seu primeiro discurso, as súas mensaxes contra o independentismo catalán. Só valorou unha proposta da oposición, a da reforma estatutaria, para desbotala porque "non é o momento"
En Marea | Villares chama á unidade da esquerda fronte a "frivolidade" de Feijóo
O voceiro de En Marea censura a "irresponsabilidade" de Feijóo, a "incendiar" falando de "golpismo" mentres a súa xestión se limita a prometer puntuais rebaixas de impostos. "Son tan ineptos que renuncian a recadar porque non saben investir"
BNG | Pontón censura que a "única novidade" do "modelo Feijóo" sexa sumarse á "caverna" contra Catalunya
A líder do BNG lamenta que o presidente opte por adherirse á teses da "dereita extrema" contra o soberanismo mentres "pasa olimpicamente" de Galicia e propón un relatorio para "superar o marco e dotar a Galiza de estatus de nación"
PSdeG | Leiceaga pide iniciar xa a reforma do Estatuto de Autonomía cun “horizonte federal”
O portavoz do PSdeG alerta das catro fracturas que ameazan a cohesión da sociedade galega: “social, xeracional, de xénero e territorial interna”