Galicia volve bater o seu recórd de contratos laborais inferiores a unha semana tras duplicárense en cinco anos
No último ano asináronse en Galicia case 345.000 contratos laborais inferiores a unha semana cun crecemento do 90% na última media década. Mentres, a contratación indefinida avanzou no último cuatrienio algo máis dun 50%, ata case os 50.000 contratos
O persoal da Xustiza dá por rota a negociación con Rueda para evitar a folga
As dúas primeiras xornadas de folga, avaladas por todos os sindicatos do sector, foron un éxito de participación. O vicepresidente acusa as centrais sindicais de romper a negociación de xeito "unilateral" e lamenta que "consideren insuficiente" a "oferta económica" da Xunta
O PSdeG ultima a creación dunha fundación para "impulsar o cambio político" en Galicia
O secretario xeral dos socialistas, que será presentado o vindeiro día 25 nun acto público por Abel Caballero, fai unha nova chiscadela ao período de Touriño coa posta en marcha dun "laboratorio de ideas" ligado ao partido
España logrou que Madrid acolla unha sede da UE tras o Brexit mentres ignorou a candidatura galega
O Goberno español non só non fixo ningunha xestión ante a UE para que o laboratorio de bivalvos fose trasladado a Galicia, senón que xa sabía que o organismo ía pechar mentres a Xunta anunciaba publicamente a candidatura
Volveu co Prestige: 15 anos da chegada de Feijóo ao Goberno de Fraga
O sábado 18 de xaneiro de 2003 Fraga asinou o decreto co que nomeaba a Feijóo como substituto de Cuiña na Consellería de Política Territorial en plena crise política pola xestión do naufraxio do petroleiro
Feijóo carga contra o sistema parlamentario vixente porque "é igual gañar que perder"
O presidente da Xunta volve reclamar unha reforma electoral que remate co actual modelo de elección parlamentaria da presidencia dos gobernos. Durante unha visita a Madrid reclama "máis presenza do Estado nas comunidades autónomas"
O Goberno de Rajoy teima en que as "tramas organizadas" son unha "posible explicación" aos incendios en Galicia
O Executivo do PP nega que a reiterada defensa da tese terrorista "alarmase" a poboación durante a vaga de lume do pasado outubro. Faino en resposta a unha pregunta de En Marea, que reclamaba saber se existen "probas" do suposto "terrorismo incendiario"
Adif desmonta a estratexia de Xunta e PP de culpar a oposición dun novo atraso do AVE
A empresa pública dependente de Fomento emenda aos populares e di que as obras en marcha na liña á Meseta non dependen da aprobación dos orzamentos do Estado. En Marea, PSdeG e BNG lamentan que os conservadores se instalen na "escusa"
Feijóo, ausente na arenga de Rajoy para "rearmar" o PP
Volve o cadro de expectativas para o titular da Xunta en clave estatal, o mesmo que ficou escachado en 2013 pola publicación das fotos con Dorado
A Xunta reduce o peso do traballo científico e da lingua galega na adxudicación de farmacias
A experiencia profesional duplica o seu valor no baremo do decreto de farmacias que tramita o Goberno galego, as publicacións científicas pasan de 10 a 4 puntos e o coñecemento do galego, de 10 a 5
Os salarios máis altos subiron un 5,2% durante a crise en Galicia e os máis baixos caeron un 10%
Quen a comezos da década roldaba os 4.000 euros de soldo agora cobra en torno a 4.200; quen se achegaba aos 500 agora non chega aos 450
A Xunta defende no Parlamento ocultar parte do pacto do Sergas cunha multinacional americana
O Goberno galego responde a En Marea que non revelou o contido íntegro do acordo para atender a limitacións da lei estatal de transparencia. O documento que se nega a publicar permite á empresa actuar en hospitais do Sergas e implica un gasto público indeterminado